autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

ASPERGA e Autismo Galicia afondan no espectro do autismo e a neurodiversidade no Día Internacional da Síndrome de Asperger

Correo-e Imprimir PDF

ASPERGA e Autismo Galicia afondan no espectro do autismo e a neurodiversidade no Día Internacional da Síndrome de Asperger

 

ASPERGA (Asociación Galega de Asperger) e a Federación Autismo Galicia organizaron o pasado 17 de febreiro as xornadas "Welcome To The Spectrum / Benvido Ao Espectro" que se celebraron na Cidade da Cultura de Galicia, co motivo do Día Internacional da Síndrome de Asperger, do 18 de febreiro.

 

Os obxectivos desta xornada enmárcanse no eido da educación, visibilización, concienciación e reivindicación. Con esta perspectiva, foron persoas dentro do espectro do autismo e a neurodiversidade as que, como expertos pertencentes a diferentes ámbitos, presentaron os seus propios relatorios nos que, baseándose na súa experiencia real, aporten á sociedade a comprensiónd as súas características e necesidades como colectivo.  Así mesmo, a xornada foi determinante para crear un espazo de debate, no que se intercambien e compartan experiencias, opinións e visións en torno ao espectro do autismo a e a neurodiversidade.

 

Contou con ponentes como Carmen Molina, presidenta de  SINTENO (Asociación para o Lecer e a Inclusión Social) e diagnosticada de síndrome de  Asperger; Francesc Marzo  Bellot, escritor  con síndrome de Asperger, autor de tres libros, o último de poemas e recentemente publicado “Oxímoron, entre o autismo e a mística”; Daniel Jones, creador da canle de  Youtube “The  Aspie  World”, con perto de 25.000 suscritores, onde achega a súa visión desde a súa propia experiencia como persoa con  Asperger; Francisco A. Violat, astrofísico, escritor de narrativa e colaborador daa revista científica “Fronteras de la Ciencia”;  e Mª del Carmen López Pérez, socia de ASPERGA desde 2011, nai dun rapaz con síndrome de Asperger e diagnosticada ela mesma na idade adulta.

 

Explorar as formas de pensar e percibir o mundo de diferentes persoas con autismo axudounos a comprender mellor a diversidade de nosa propia natureza. Tendo en conta que o TEA afecta de maneira fundamental á esencia social da persoa, e que por esta razón estas dificultades entrañan un desafío especial á hora de participar de maneira activa na sociedade, é unha obrigación de todos recoñecer que as persoas con TEA poden e deben exercer os seus dereitos de maneira activa. Estas xornadas foron reflexo diso.

Dereitos que só poden alcanzarse se se traballa desde a combinación das necesidades das persoas, a abordaxe en diferentes contextos, e o traballo en redes desde unha perspectiva de futuro prometedor, positivo e comprometido.


"Welcome to the spectrum"


Os diferentes relatores da mañá puxeron de manifesto os condicionantes sociais.


A sociedade está establecida baixo unha serie de normas e códigos que nos fai parecernos os uns aos outros, impomos condicións sociais que aos neurotípicos dannos seguridade pero ás persoas con TEA créalles desconcerto. Carmen López, dicíanos que "a verdade está en observar, sen xulgar, sen ideas preconcibidas". Falábanos de cuestionarnos esta forma de educar, de vivir e de expornos un enfoque máis puro, como o que poden facer as persoas con autismo. Unha sociedade que permite a neurodiversidad, a súa participación e sobre todo adáptase e traballa en adaptarse ás características individuais.

Por outra banda, quedou patente que a creatividade, como outras moitas capacidades, non é algo alleo ás persoas con autismo. En efecto, a súa particular percepción da realidade favorece esta cualidade, como nos quedou claro na intervención de Francesc Marzo.

Temos que deixar ás persoas con TEA expresarse, respectar as súas necesidades, ter un espazo e gozar de todo o que teñen para achegar. Seguimos tendo estigmas, tamén dentro do propio colectivo, e cada un ten que escoller o seu lugar. Respecto tamén fundamental e necesario do tratamento do tema desde os medios de comunicación.

E xa finalizando a mañá, Francisco Violat falábanos do alivio que supuxo para el o diagnóstico. Esas respostas que algunha vez chegan por un diagnóstico imprevisto ou respostas despois dunha longa peregrinaxe de dificultades.

As dificultades para desempeñarse de forma autónoma ou no día a día, foron contadas por Francisco de forma amena, auténtica e veraz.  A súa capacidade e as estratexias que ha ido creando para superar obstáculos, trouxeron un sopro de optimismo, que se completan co apoio da familia e o movemento asociativo, no seu caso de Asperga.

 

 

Confianza, inspiración, empowerment, concentración.


Ao longo da tarde escoitamos conceptos que nos convidan a acompañarnos ao longo do noso camiño coas persoas con TEA, como familiares, como profesionais e como membros da sociedade en xeral.
Grazas a Daniel Jones conseguimos unha boa dose de positividad, animándonos a buscar o noso superpoder. Do seu interesante relatorio, destacaría a súa visión de converter unha paixón en enerxía, e esa enerxía nun reto conseguido.
Cando lemos sobre intereses restrinxidos, definidos no DSM-5 como síntomas. Patróns repetitivos e restrinxidos de condutas, actividades e intereses. Un síntoma, por definición algo negativo... Que diferente desa consideración como enerxía da que nos falaba Daniel.

El afirma que as persoas con TEA, a través da súa creatividade, poden facer que a sociedade avance. Pero tamén falou da necesidade de confianza, algo que debemos proporcionar desde a contorna para a que a sociedade creza. "Se te concentras en algo, podes conseguilo", dicíanos. Converter interese en enerxía. Animemos ás persoas con TEA a atopar a súa superpoder. Non van tentalo, van conseguilo.

Carmen Molina falounos de "capacidades diferentes, dificultades distintas, pero dereitos iguais". Algo non só esencial no ámbito educativo, onde sabemos que segundo o Protocolo de atención ao alumnado con TEA, debemos considerar a individualización e a personalización dos apoios segundo as necesidades e potenciando fortalezas; senón tamén noutros ámbitos ás veces esquecidos como o laboral.
É importante dispor de apoios nas diferentes etapas do seu desenvolvemento. Os adultos con Asperger teñen moito que achegar á sociedade, así que é necesario sentar as bases para que isto sexa realmente posible, pois "o espazo social é de todos, non só da maioría", como ben dicía Carmen. Non esquezamos tomar conciencia, enfocarnos na capacidade e deixar voar. Porque a diversidade é o motor da evolución.

Pechouse a Xornada cunha mesa redonda, na que relatoras de diferentes áreas vinculadas coa Educación abordaron as ferramentas para que esta sexa exitosa: Cultura preventiva do acoso, protocolos e convenios. Formación, visibilidade e colaboración, entre outros moitos, son conceptos esenciais para unha verdadeira educación inclusiva. Unha utopía? Esperemos que entre todos se converta nunha realidade.


Cremos, e esperamos que coincidades connosco en que resulta esencial dar voz ás persoas con autismo. Estas xornadas abríronnos unha xanela que nos posibilita ver o mundo a través dos seus ollos, e con iso comprender mellor a súa realidade. Deixemos de ver ás persoas con TEA como axentes pasivos do seu propio desenvolvemento, e tendamos pontes para acurtar a distancia que eles ven ás veces con respecto á sociedade.

Levémonos toda esta aprendizaxe na nosa mochila diaria, pois sen dúbida axudaranos a avanzar nese camiño cara a unha inclusión real.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.