autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

CURSO TRASTORNOS DE ALIMENTACIÓN EN PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO

Correo-e Imprimir PDF

CURSO  TRASTORNOS DE ALIMENTACIÓN EN PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO
Curso recoñecido de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade


Data de realización: 10 de marzo de 2018
Lugar de Realización: Santiago de Compostela, Centro Abanca Praza de Cervantes.
Horario: 09:30 a 13:30 e de 14:45 a 18:45
Número de prazas: 100

Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.


Prazo de inscrición: ata o 15 Febreiro. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso.

Obxectivo: Dar a coñecer as dificultades de alimentación que poden presentar as persoas con TEA e adquirir estratexias para a súa intervención.

PROGRAMA:

1. Avaliación en TEA

2. Tipos de trastorno de alimentación: identificación dos problemas de alimentación según clasificación Rebeca Cabrera.

• Trastornos de alimentación Tipo 1. Sensoriais.
• Trastornos de alimentación Tipo 2. Relacionadas co pensamento (rixidez)
• Trastornos de alimentación tipo 3. Aprendidas (buscan evitar  alimentos non desexados)
• Trastornos de alimentación tipo 4. Mixtas. Máis frecuentes.

3. - Estratexias de Intervención

• Estratexias para personas con TEA, familias e  profesionais
• Estratexias non  recomendadas.


4. Casos prácticos

Docente: Rebeca Cabrera Urquía.

Psicóloga, logopeda, Master en terapia de conduta, experta en mediación familiar. Experta  en trastorno psicolóxico do neno e adolescente, experta  en trastornos da linguaxe.
É  creadora do programa PAAIGI para a integración global de persoas con TEA e problemas graves de conduta e comunicación. Directora dos centros PAAIGI  abicados nas Palmas de Gran Canaria e Santa Cruz de Tenerife.  Creadora do libro: “Trastornos de Alimentación en Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”, “Colección para la intervención e persoas con TEA”, “Manual PAAIGI, Manual” ” PAAIGI perfil conductual”.
Conta cunha ampia experiencia docente acreditada por  numerosos cursos impartidos en diferentes organismos e institucións.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.