autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

WELCOME TO THE SPECTRUM- BENVIDO AO ESPECTRO

Correo-e Imprimir PDF

 

 

XORNADAS DO DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER.

O 17 de Febreiro deste ano, Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia) e a Federación Autismo Galicia únense para presentar unha xornada innovadora, na que "escoitando aos expertos" aprenderemos o necesario que é un cambio de perspectiva no ámbito da intervención das persoas que se atopan dentro do espectro do autismo.


O noso obxectivo é a educación, visibilización, concienciación e reivindicación. Con esta perspectiva, serán persoas dentro do Espectro do Autismo/Neurodiversidad, as que, como expertos pertencentes a diferentes ámbitos, presenten os seus propios relatos nos que, baseándose na súa experiencia real, axuden á sociedade a comprender as súas características e necesidades como colectivo. Así mesmo, a xornada pretende crear un espazo de debate, no que se intercambien e compartan experiencias, opinións e visións en torno ao Espectro do Autismo/Neurodiveridad.


Entre os relatores confirmados destaca Carmen Molina, presidenta de SINTENO (Asociación para o Lecer e a Inclusión Social) e diagnosticada de síndrome de Asperger; Francesc Marzo Bellot, escritor con síndrome de Asperger, autor de tres libros, o último de poemas e recentemente publicado "Oxímoron, entre o autismo e a mística"; Daniel Jones, creador da canle de Youtube "The Aspie World", con case de 25.000 suscritores, onde achega a súa visión desde a súa propia experiencia como persoa con Asperger; Francisco Violat, astro físico, músico e autor de novelas e artigos científicos e Mª da Carmen López Pérez, socia de ASPERGA desde 2011, nai dun mozo con síndrome de Asperger e diagnosticada ela mesma na idade adulta.


En clausúra celebrarase unha mesa redonda na que se debaterá sobre o sistema educativo e a necesidade dun cambio de perspectiva na educación e a necesidade de contar coa opinión e asesoramento das propias persoas que se atopan dentro do espectro para así mellorar a educación e facela realmente inclusiva. A mesa contará con dous expertos diagnosticados con Síndrome de Asperger, un representante do sistema educativo, unha representante de Dirección Xeral de Educación da Xunta de Galicia e un moderador experto en educación especial e en trastornos do espectro do autismo.

INSCRIPCIÓNS: PREME AQUÍ.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.