autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Aberta a inscrición na II edición dos cursos formativos sobre Educación no ámbito do TEA

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia organiza no primeiro cuatrimestre do 2018 a II Edición dos cursos de formación nos que se aborda o tratamento das persoas con TEA dende a prespectiva da Educación. Están dirixidos a profesionais do ámbito educativo como mestres, educadores, orientadores, coidadores... que non pertenzan a entidades asociadas á federación. Os tres cursos serán impartidos por Marlene Horna Castiñeiras, licenciada en Psicoloxía e que conta con máis de 15 anos de experiencia no ámbito do TEA.

PRIMEIRO CURSO: 'Apoios visuais como ferramente de intervención nos Trastornos do Espectro do Autismo', ten como obxectivo que os participantes aprendan a intervir e axudar ás persoas con TEA en diversos contextos empregando diferentes tipos de apoios visuais. Terá lugar o 3 de febreiro.

SEGUNDO CURSO: 'Habilidades sociais en persoas con Trastorno do Espectro do Autismo', no que os participantes adquirirán recursos e ferramentas para ensinar ás persoas con TEA a desenvolverse socialmente. Terá lugar o 17 de marzo.

TERCEIRO CURSO: 'Intervención sobre as condutas inadecuadas en persoas con TEA', o apoio condutual positivo. Neste curso o obxectivo é que os participantes no curso entendan por que se producen e se manteñen as condutas inadadecuadas no contexto escolar ordinario. Saber que detrás destes comportamenos existe un motivo que se ensinará a descubrir e analizar para así planificar e intervir de forma proactiva. Terá lugar o 14 de abril.

 

Programa e inscrición nos tres cursos


 

Máis información no teléfono: 981 589 365 e en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.