autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Visibilizando o autismo co Calendario 2018 #retraTEA. Miradas en Filtros

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

icon Calendario 2018. #retraTEA. Miradas en Filtros

Foto de familias dos participantes no acto de presentación do Calendario 2018


 

A escultora Soledad Penalta, a presidenta de Autismo Galicia, Mª José Álvarez Folgar e o catedrático da USC, Ángel Carracedo

A Federación Autismo Galicia reuniu onte, na presentación do Calendario 2018 #retraTEA. Miradas sen Filtros, ós autores das fotografías pertencentes a Aspanaes, Apacaf e Fundación Menela e as personalidades de renove que lles serviron de modelo.  No acto estiveron arroupados polas súas familias, monitores e representantes das entidades.

Este almanaque, que sae cunha tirada inicial de 2.000 exemplares que se poden adquirir gratuitamente na Federación e en cada unha das entidades membro, amosa o retrato de doce personalidades de renome de Galicia que foron fotografiados por persoas adultas con TEA.

Trátase dunha experiencia comunicativa distinta ao habitual xa que, desta volta, as persoas con TEA colócanse detrás da cámara para converterse nos autores da obra artística. A través, da súa mirada ‘sen filtros’  achegámonos a personalidades de diversos  ámbitos sociais, que non só serviron de modelos, senón que participaron activamente nas sesións. Entre eles, Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Miguel Anxo Prado, ilustrador, Sofía Toro, medallista olímpica, X.M.Budiño, músico, César Portela, arquitecto, Anxo Carracedo, científico, Ledicia Costas, escritora, Cristina Mantilla, enóloga, Evaristo Nogueira, avogado, Eva Dafonte, enxeñeira do CERN, Patricia Vázquez, actriz e Soledad Penalta, escultora. Todos eles contan a súa experiencia en primeira persoas nas redes sociais da entidade.

Dende a Federación Autismo Galicia considérase que ésta foi unha  experiencia vital única, tanto para os rapaces, como para familias, entidades e profesionais. "Esas ideas de que as persoas autistas non queren comunicarse, non senten, que se afastan... Son falsos mitos. Teñen moitas capacidades, pero ás veces o que lles costa é trasladarnos aos demais o que precisan, o que queren. Hai que partir de que cada persoa, tanto as autistas como as neurotípicas, somos cada un mundo. Hainos que coñecer.Iso é no que temos que traballar toda a sociedade", afirmou María Xosé Álvarez Folgar, presidente de 'Autismo Galicia'.
Pola súa banda a directora xerente, Patricia Blanco, destacou, precisamente, os momentos de complicidade que se crearon entre todos os que colaboraron  na elaboración deste calendario: “Houbo unhas sinerxias maravillosas de interacción, de coñecemento mutuo, de miradas sen filtro”.

O creador da idea e director deste ilusionante proxecto foi o fotógrafo Esteban de la Iglesia, de La Diápo Fotografía. Foi un traballo de varios meses que se iniciou cun taller de fotografía e a explicación e anticipación do traballo profesional que ían levar a cabo durante as sesións. De la Iglesia asegura que “cada sesión foi diferente pero algo en común a todas eles foi  a empatía e complicidade que se conseguiu entre modelo e fotógrafo desde o primeiro momento”. Dos autores das obra destaca as súas cualidades a aptitudes: “En xeral sorprendeume moito ese entusiasmo e ganas por coller unha cámara e traballar con ela”.  Como experiencia persoal, o fotógrafo a cualifica de “única”.

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso. + INFO.