autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Autismo Galicia participa na mostra colectiva 'CapacitARTE'

Correo-e Imprimir PDF

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo inaugurou onte a exposición, organizada polo CERMI, Capacitarte. Trátase dunha mostra a prol dunha Galicia inclusiva e igualitaria, en palabras do presidente, e que ten como obxectivo “proxectar os valores que transmiten as persoas con discapacidade e as entidades que os representan”. “O seu traballo é imprescindible -incidiu- para entender a sociedade no seu conxunto, en igualdade, plena de dereitos e de obrigas”, asegurou.

O CERMI-Galicia está formado por dez entidades, entre elas Autismo Galicia, que participa na exposición cunha mostra da campaña ‘Persoas con ForTEAlezas´ que se plasmou no Calendario 2016 con fotografías de doce usuarios de entidades pertencentes a federación.

Durante a inauguración á que asistiron a presidenta de Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar, a directora xerente, Patrica Blanco Riveiro e a responsable de Atención Socio-Familiar da FAG, Cristina Couto, o presidente da Xunta de Galicia asegurou que “as persoas con capacidades diferentes son e seguirán a ser unha das prioridades a nivel social do Goberno galego, como pon de manifesto o incremento, nun 8%, dos orzamentos destinados a lograr a plena inclusión das persoas con discapacidade, ata situarse nun total de preto de 103 millóns de euros. “Estamos a falar, en definitiva, duns orzamentos para as políticas de discapacidade en Galicia que soben máis do dobre do que se incrementan as políticas globais da comunidade”, aseverou.

 

Máis polo miúdo, precisou que a partida destinada aos convenios coas federacións que traballan neste ámbito se incrementarán por riba dos 4 millóns de euros e o orzamento destinado a soster as prazas de atención á discapacidade superará os 84 millóns.

 

 

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo xunto co presidente do Cermi Galicia, Iker Sertucha, no centro xunto con representantes das entidades membro do Cermi, entre elas, a presidenta de Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar, segunda pola esquerda. Foto: Conchi Paz

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.