autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Autismo Galicia presenta a Sanidade o 'Programa de Mellora da Atención Sanitaria ao paciente con TEA'

Correo-e Imprimir PDF

Marina Pérez Tenreiro, xefa de servizo de Atención Sociosanitaria,  Alfonso Alonso Fachado, Subdirector Xeral de Planificación e Programación Asistencial,  Josefina Monteagudo, subdirectora xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, María José Álvarez Folgar, presidenta da Federación Autismo Galicia (FAG), Patricia Blanco Riveiro, directora xerente da FAG, e Teresa García Barcala, responsable da Área de Saúde da FAG, dende a esquerda.

 

 

Representantes da Federación Autismo Galicia presentáronlle onte ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e o seu equipo o Programa de Mellora de Atención Sanitaria ao Paciente con Autismo co obxectivo de fortalecer alianzas que propicien o seu desenvolvemento.

A presidenta da Federación Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar xunto coa directora xerente Patricia Blanco e a responsable da Área de Saúde, Teresa García destacaron que este programa permite aumentar a comprensión dos espazos sanitarios para as persoas con TEA contribuíndo, desta forma, a súa humanización. O programa, vai máis alá, xa que contempla, entre outras medidas, a formación do profesional sanitario para unha mellor adecuación as necesidades e demandas destes pacientes. A liña de traballo da Federación Autismo Galicia basease na transferencia de coñecemento cos profesionais sanitarios e a coordinación cos mesmos para alcanzar a máxima calidade no coidado da saúde do paciente con TEA.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.