autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto solidario con Autismo Galicia

Correo-e Imprimir PDF

 

A Real Filharmonía de Galicia celebra este venres ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia, un concerto que axudará a visibilizar o autismo e o traballo desenvolto pola Federación Autismo Galicia. Esta acto enmárcase dentro do proxecto RFG Solidaria que a Real Filharmonía de Galicia puxo en marcha ao final da tempada pasada en apoio de ONG que traballan a favor da infancia.

 

O concerto será dirixido polo titular da agrupación, o mestre británico Paul Daniel con obras de G. Friedrich Haendel e rematará coa Sinfonía nº 7 de Beethoven (1770-1827), caracterizada pola súa exuberante sonoridade. Está especialmente dirixido a nenos, mozos e familias.


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.