autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Un novo curso de Autismo Galicia aborda a ‘Vida adulta en persoas con TEA’

Correo-e Imprimir PDF

O día 28 de outubro celébrase en Santiago de Compostela un novo curso organizado pola Federación Autismo Galicia no que se abordará a Vida Adulta en persoas con TEA’. O profesor Agustín Illera, diplomado en Maxisterio e licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación é o encargado de impartir esta formación. Augustín Illera ademáis desenvolve a súa actividade profesional na Asociación Gautena dende o ano 1987. É responsable dos centros de día do servizo de adultos dende 1993 e responsable de calidade da asociación dende 2005.

 

Os interesados neste curso xa se poden inscribir nel a partir de hoxe mesmo, 18 de setembro e ata o vindeiro 5 de outubro.  Entre os obxectivos do curso destaca a necesidade de profundizar nas etapas avanzadas da vida das persoas con TEA e coñecer os apoios que requiren nesta estapa vital. Tamén se estudiarán os modelos de apoio e servizos que precisan as persoas con TEA.

INSCRICIÓN
PROGRAMA

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.