autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Autismo Galicia organiza tres cursos nos que se aborda o TEA no ámbito educativo

Correo-e Imprimir PDF

 

A Federación Autismo Galicia organiza tres novos cursos de formación en Santiago de Compostela nos que se aborda o tratamento das persoas con TEA dende a prespectiva da Educación. Están dirixidos a profesionais do ámbito educativo como mestres, educadores, orientadores, coidadores... que non pertenzan a entidades asociadas á federación e desenvolveranse no último trimestre deste ano. Os tres cursos serán impartidos por Marlene Horna Castiñeiras, licenciada en Psicoloxía e que conta con máis de 15 anos de experiencia no ámbito do TEA.

 

PRIMEIRO CURSO: 'Apoios visuais como ferramente de intervención nos Trastornos do Espectro do Autismo', ten como obxectivo que os participantes aprendan a intervir e axudar ás persoas con TEA en diversos contextos empregando diferentes tipos de apoios visuais. Terá lugar o 7 de outubro.

SEGUNDO CURSO: 'Habilidades sociais en persoas con Trastorno do Espectro do Autismo', no que os participantes adquirirán recursos e ferramentas para ensinar ás persoas con TEA a desenvolverse socialmente. Terá lugar o 11  de novembro.

TERCEIRO CURSO: 'Intervención sobre as condutas inadecuadas en persoas con TEA', o apoio condutual positivo. Neste curso o obxectivo é que os participantes no curso entendan por que se producen e se manteñen as condutas inadadecuadas no contexto escolar ordinario. Saber que detrás destes comportamenos existe un motivo que se ensinará a descubrir e analizar para así planificar e intervir de forma proactiva. Terá lugar o 16 de decembro.

 

 

PROGRAMAS E INSCRICIÓNS

 


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.