autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

A Real Filharmonía de Galicia dedica os seus concertos familiares a ONGs galegas, entre elas Autismo Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Concierto Solidario 2017

Antonio de la Iglesia de Autismo Galicia, o vicepresidente da Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva, Eduardo Agrasoo, o director da agrupación, o mestre Paul Daniel; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez; e o delegado en Galicia da Fundación Tierra de Hombres, Raúl Besada, dende a esquerda.

 

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá “RFG Solidaria”, un novo proxecto de colaboración que vai desenvolver con varias ONGs galegas e da propia cidade vencelladas coa infancia. O ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, que a Real Filharmonía de Galicia vén desenvolvendo dende hai dúas temporadas, busca achegar a música clásica e a orquestra a novos públicos. Diríxese en particular aos máis pequenos, ás familias e aos que non teñen a oportunidade de asistir habitualmente aos concertos de abono, a un prezo asequible e nun horario máis accesible. Tal como indicou o director titular da RFG, Paul Daniel, “unha parte moi importante de calquera orquestra é facer música en vivo para chegar a todo tipo de públicos, aos que facer reaccionar a través da música. O obxectivo principal deste ciclo é que o nenos descubran a música”.

 

“A RFG vai mostrar, dentro deste ciclo, o seu compromiso con iniciativas que están a traballar no noso contorno a prol da infancia, dedicando cada un dos seus vindeiros concertos familiares a favorecer a visibilización de causas diversas. E ao final da vindeira temporada, na primavera ou verán de 2018, a Real Filharmonía de Galicia celebrará un concerto benéfico, posiblemente na compostelá praza da Quintana, que se destinará a recadar fondos para todas as asociacións que se vaian sumando a este proxecto ao longo do ano” -sinalou a xerente do Consorcio, Belén Hernández-.

O primeiro destes concertos vaise celebrar este venres, 2 de xuño, a favor da Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva, dedicada a dar a coñecer esta doenza ultrarrara, progresiva, dexenerativa e invalidante. E, xa na vindeira temporada, os concertos que se programen dentro deste ciclo dedicaranse a difundir o labor doutras ONGs como Autismo Galicia. O presidente da Federación Autismo Galicia Antonio de la Iglesia, indicou que na Federación se traballa  para mellorar a calidade de vida e defender os seus dereitos, con especial incidencia no tempo de lecer, a formación, o emprego con apoio e a sensibilización social. “Teñen unha forma distinta de ver o mundo, un estrutura mental diferente, de xeito que buscamos canles de comunicación e a música é unha canle perfecta para conectar eses dous mundos porque se trata dunha linguaxe universal” -manifestou-. Tamén se adicarán outros concertos a Fundación Down Compostela e Tierra de Hombres.

Díptico dos Concertos Solidarios: Concierto Solidario 2017

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.