autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Unha xornada formativa en Ames analiza o grao de inclusión socieducativa das persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

 

O concello de Ames acolle o 20 de maio unha xornada formativa na que se porá de manifesto o grao de coñecemento que teñen os traballadores das institucións culturais da provincia da Coruña sobre o TEA. Esta xornada está organizada polo investigador da USC, Marcos Pinaque, quen tras rematar os seus estudos de maxisterio deuse conta que non tiña a formación suficiente no ámbito de atención á diversidade e decidiu centrar a súa tese no autismo. Os resultados coñeceranse nestas charlas, na que participan expertos como Cristina Couto, psicóloga de Autismo Galicia e Xesús Rodríguez, profesor da USC e director da tese, entre outros.

 

 

O investigador da USC, Marcos Pinaque. Á dereita o programa da xornada que se pode consultar en www.culturizatea.es

 

 

Está a realizar unha investigación sobre ‘Que saben os profesionais dos centros públicos culturais da provincia da Coruña sobre o Autismo’. Xa está en disposición de responder a esta pregunta?

O estudo que levamos a cabo para responder a esta pregunta baseouse na elaboración dun cuestionario de 25 preguntas que destinamos aos traballadores de centros público culturais como son os CE, museos, bibliotecas e a Universidade. A súa desinteresada participación permítenos ter unha perspectiva do coñecemento que teñen sobre dito trastorno. Na Xornada Formativa adicaremos unha das ponencias a responder de forma minuciosa a esa pregunta e, con posterioridade, colgaremos as conclusións do estudo na páxina web do proxecto www.cuturizatea.es

Existe interese entre os profesionais dos centros por atender as persoas con TEA?

Ao principio da investigación, un dos maiores medos que tiñamos era que a participación fora baixa. Sen embargo, finalmente, atopámonos cunha mostra representativa de persoas que quixeron ser partícipes do estudo. Ademais, o 99,8% dos participantes destacaron a importancia de que os traballadores de institucións público-culturais reciban formación en Autismo, mostrando así a súa receptividade para atender ás persoas con TEA

Hai algún centro que destaque na provincia da Coruña pola súa especial sensibilización cara o autismo?

Son varios os centros que contan con profesionais sensibilizados co autismo. Na Xornda do día 20 de maio distintos ponentes explicarán proxectos moi interesantes que levan ou levaron a cabo no seu centro co obxectivo de promover a inclusión das persoas con TEA.

Despois de traballar sobre este tema que medidas propón vostede para mellorar a situación?

A situación idónea sería que todos contaramos con formación suficiente para interactuar coas persoas con autismo, sen embargo, entendo que resulta complicado que os profesionais adquiran unha formación moi específica dos distintos trastornos, por iso son partidario de que existan profesionais especializados nos centros que poidan orientar as actuacións para unha mellor atención á diversidade do público. E, por outra parte, tamén sería interesante lograr unha maior coordinación entre os distintos centros e as asociacións.

Que se van atopar as persoas que asistan a estas xornadas do vindeiro 20 de maio en Ames?

Na xornada buscamos mesturar teoría e práctica polo que os asistentes atoparanse con charlas explicativas sobre que é o autismo, con diversas experiencias enriquecedoras de profesionais preocupados por lograr que as persoas con autismo poidan acceder e desfrutar dos espazos culturais e educativos, así como coa perspectiva da familia.

Tras levar a cabo este estudo como cambiou a súa prespectiva entorno ao autismo?

Conxugar as particularidades das persoas con TEA para adaptarse ao mundo no que vivimos co insuficiente coñecemento das persoas que debemos promover a súa inclusión social e educativa levoume a entender a necesidade de continuar profundizando na sensibilización e formación social en Autismo.

 

Data de ceebración
20 de maio
Lugar de celebración
Concello de Ames
(Auditorio da Casa de Cultura de Bertamiráns)
Destinatarios
Aberto a todo o público
Procedemento de inscrición
A través deste enlace. Pinchar aquí
Data límite inscricións
15 de maio
Prezo
Gratuíto

Programa completo da xornada en:  www.culturizatea.es


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.