autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Laura Escribano explica este sábado o modelo Alanda de intervención en contextos naturais a 100 alumnos

Correo-e Imprimir PDF

Laura Escribano, directora da Asociación Alanda, imparte, o 6 de maio en Santiago de Compostela, o curso ‘Intervención en Contexto Natural para persoas con TEA´, organizado por Autismo Galicia. As cen persoas participantes nesta xornada poderán formarse no modelo Alanda, que desperta un gran interese e que consiste en estar presente e actuar nas contornas fundamentais nas que viven as persoas con TEA. Segundo explica a mestre e logopeda, Laura Escribano, “é un modelo complexo, versátil e dun traballo intenso, pero que proporciona resultados óptimos xa que as aprendizaxes teñen maior efectividade para a vida das persoas”.

 

 

Laura Escribano, directora da Asociación Alanda. Á dereita durante unha xornada de intervención

 

Como deben intervir os profesionais nas contornas naturais das persoas con TEA?
A vida real está no colexio, o parque ou a casa. Si intervimos nun despacho, temos todo controlado e podemos pensar que unha persoa con TEA non se ten que enfrontar con imprevistos e que sabe o que pode esperar de ti cando lle preguntas. Ninguén lle dá co balón ou non ten que esperar no tobogán, pero iso é unha burbulla de engano, xa que cando no colexio non xoga no patio ou presenta problemas para bañarse en casa, os profesionais do despacho non están para axudarlle a resolver a súa vida.
Para axudar na vida real hai que construír un Equipo formado polas persoas relevantes das contornas onde se desenvolve unha persoa con TEA, tendo verdadeiras relacións de apoio mutuo, sendo cómplices dos progresos, gozando xuntos e compartindo as dificultades. É dicir, dar o asesoramento máis adecuado sobre que facer si o neno colle unha rabieta porque non se quere bañar e axudar a esa nai no momento oportuno.

Que se entende por atención temprana?
Hai unha concepción de hai moitos anos, que tendemos a manexar os profesionais para definila, pero desde o Equipo Alanda pensamos que a definición máis acertada é: Saca o mellor de cada persoa para a súa vida, apoia á familia na súa crianza especializada e se próximo e empático.

Que papel xoga a atención temprana na vida dun neno con TEA?

Non me gustaría caer en marcar unha sentenza de vida coa que algunhas familias veñen á asociación, pensando que hai unha conta atrás no tempo (os 5 anos) e que unha vez chegada a esa idade xa nada se pode facer, porque ás veces os profesionais transmitimos esta idea. É verdade que canto antes se empece antes se constrúen as aprendizaxes máis adecuadas para desenvolverse na interacción cos demais e que os profesionais temos unha responsabilidade moi grande e non podemos desperdiciar nin un minuto da vida que nese momento está nas nosas mans. Pero tamén vin grandes progresos cando traballei con adultos e utilizáronse os programas adecuados e a motivación para seguir avanzando.Como se podería baixar as idades de detección?

En Alanda levamos 8 anos realizando un protocolo de detección cos bebés que nacen nas familias onde xa hai unha persoa con TEA, asesorando ás familias desde os 3 meses do bebé e con intervención específica no momento que se detectan sinais de alerta.Tamén formo parte do equipo de investigación da Universidade Autónoma de Madrid: TRABERITEA que tratamos de determinar os primeiros marcadores de TEA en bebés. É dicir, necesitamos compromisos profesionais, investigación máis fina e especializada e estar máis unidos coas familias escoitando as súas inquietudes.

 

Temos en España, unha atención temprana de calidade? En que nivel se atopa Galicia?

En primeiro lugar necesitamos unha detección máis temprana, tamén necesitamos que os pediatras crean na prevención e que non ninguneen ás mamás que acoden angustiadas porque o seu bebé non responde de forma adecuada e aos 2 anos reciben un diagnóstico de TEA. E para rematar, necesitamos formación específica en TEA para os profesionais que realizan intervención en Atención Temprana. En relación aos profesionais de Galicia creo que hai grupos que realizan un traballo moi digno e outros que menos, como no resto de España. Mentres non exista unha política clara que obrigue aos profesionais da Atención Temprana a traballar cuns mínimos de coñecementos, o panorama seguirá sendo desalentador.

Malia á enorme cantidade de información á que se ten acceso, tanto profesionais como familias seguen tendo a necesidade de ser guiados para incrementar as súas competencias.
O Trastorno do Espectro de Autismo é variado e moi complexo, ler un libro ou bucear en internet buscando as intervencións máis adecuadas pode facilitar as nosas dúbidas, pero non soluciona os problemas cos que nos enfrontamos familias e profesionais no día a día para axudar do mellor xeito posible ás persoas coas que traballamos. Para iso é necesario profundizar no individuo, na súa singularidade, nos seus intereses e nas súas relacións significativas, ademais do autismo. Cada familia e cada persoa con TEA é única, diferente a calquera outra, e non podemos pensar que vista unha, vistas todas. Hai que convivir coas persoas para coñecelas e isto é moi pouco sensato facelo desde os despachos.

Cales son as principais demandas dos profesionais? E das familias?
O que a nós nos chega é unha demanda de formación en programas específicos de Comunicación e Linguaxe, como o programa de Fala Signada (B. Schaeffer) ou de intervención desde o Apoio Conductual Positivo. As familias demandan o mesmo, é dicir como poder axudar no crecemento persoal do seu fillo ou filla con TEA como o faría calquera nai ou pai en proceso de crianza. Desde Alanda realizamos formación familiar Hanen y GOMA.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.