autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Xornada sobre educación inclusiva e atención a diversidade

Correo-e Imprimir PDF

Diferentes entidades sociais de Galicia, entre as que se atopa Autismo Galicia, Aspanaes e Asperga, están a presentar nas VII Xornadas de formación dos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación o labor que se está a facer cara á atención á diversidade na nosa comunidade.

 

 

VII Xornadas de formación dos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación, en Pontevedra


Nestas xornadas, organizadas pola consellería de Educación e que se celebran hoxe en Pontevedra, a psicóloga de Autismo Galicia, Cristina Couto, explica as accións que se levan a cabo nos centros educativos, tales como programas de formación permanente y asesoramento aos profesionais no ámbito dos TEA.

Cristina Couto lembra que a Federación de Autismo Galicia tamén conta cun programa de accesibilidade que  pretende facilitar a autonomía persoal da persoa con TEA mediante a implantación de medidas de  accesibilidade cognitiva e axustes razoables nas diferentes contorna nas que se desenvolve os alumnos e alumnas con TEA.

Ademais o sistema  educativo galego  asinou en marzo de 2016 o primeiro Protocolo para o Alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo. O protocolo é unha ferramenta de uso para profesionais  do ensino e familias. Nel sinálase que as entidades sen ánimo de lucro relacionados cos TEA, xunto coas familias, son uns dos piares fundamentais para a intervención educativa. De aí que  se promova a colaboración e coordinación entre todos os axentes implicados no desenvolvemento persoal, académico e emocional do alumnado.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.