autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Colabora gratuitamente con Autismo Galicia a través das túas compras online

Correo-e Imprimir PDF

A partir de agora podes colaborar con Autismo Galicia sen que supoña ningún custo para ti. A través da plataforma Helpffreely.org podes realizar a túas compras online e destinar unha porcentaxe das mesmas a Autismo Galicia. Trátase dunha sinxela acción que non resta nin tempo nin cartos.

En Helpfeely.org están rexistradas miles de empresas, que doan unha porcentaxe das súas vendas a entidade que ti elixas, para cumprir coas políticas de Responsabilidade Social Corporativa. Hai multitude de empresas adheridas. Só en España ata 500, e a nivel mundial, máis de 6.000. Por exemplo: Ebay, Booking, Zalando, Vueling, Europcar, Rumbo, eDreams, Nike, El Corte Inglés, AliExpress, Iberia, Casa del Libro, etc.

 


O funcionamento é moi sinxelo. Por exemplo, estas preparando as túas vacacións de verán e queres destinar unha porcentaxe do seu custo a Autismo Galicia. O procedemento é o seguinte:

 

1. Entras en https://www.helpfreely.org/es/shops/

2. Buscas un aloxamento. Escolles, por exemplo Booking.com.

3. Xa che dá a opción de seleccionar as que entidades as que queres que vaia destinada parte da túa compra, neste caso a Autismo Galicia.

4. A propia plataforma redirecciona á páxina escollida, neste caso Booking.com

5. Unha vez alí, fas a túa compra con normalidade.

Tamén se pode descargar a App de Helpfreely App, así cando entras nunha das Tendas Solidarias, avisarache.

Calquera dúbida podesdes contactar con Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.