autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

APACAF logra o selo da Fundación Lealtad que acredita a súa transparencia e boas prácticas de xestión

Correo-e Imprimir PDF

A Fundación Lealtad acaba de outorgar o Selo ONG Acreditada a APACAF, entidade membro da Federación Autismo Galicia, que dende 1993 traballa para mellorar a vida das persoas con autismo a partir dun enfoque centrado no individuo, as súas necesidades, a súa historia e a súa comunidade. A entidade únese así ao grupo de 31 ONG acreditadas que xa traballan en Galicia e poderá utilizar, durante os próximos dous anos, o Selo ONG Acreditada nas súas canles de comunicación e nos seus materiais de captación de fondos.

 


 


O equipo de analistas da Fundación Lealtad contrastou que a organización cumpre íntegramente os 9 Principios de Transparencia e Boas Prácticas e para iso evaluaronse diferentes aspectos como o bo funcionamento do órgano de goberno da ONG e o uso eficaz dos seus recursos, así como a coherencia das súas actividades coa súa misión de interese xeral, entre outros. Segundo explica Mª José Ferrandáns Villar, presidenta de APACAF, lograr este distintivo de confianza supón “unha vantaxe competitiva que nos ofrece á hora de solicitar axuda nunha sociedade cada vez máis esixente”.

Nesta liña, a responsable de APACAF afirma que, cando implantaron o sistema de xestión de calidade ISO na organización, comprometéronse coa mellora continua e conseguir acreditar a transparencia e as boas prácticas supón “un novo fito neste proceso de mellora”, engade.
APACAF xestionou un orzamento de 422.776 euros que distribuíu do seguinte xeito: o 83,5% destinouse á misión, o 10% aos gastos administración e o 6,5% restante á captación de fondos. Así mesmo, a entidade xestiona unha residencia, un centro de día e un servizo de lecer e tempo libre para o respiro familiar.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.