autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Mostra o teu apoio ás persoas con TEA facendo 'Un xesto'

Correo-e Imprimir PDF

 

 

FAI UN XESTO

1. Descarga a foto deste cartel e imprímeo.

2. Escribe no cartel a barreira coa que queres romper.

3. Sube unha foto, facendo o xesto de romper o cartel, a túas redes sociais cos hashtags #DiaMundialAutismo #AutismoGalicia

4. Tamén a podes enviar ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e a subiremos as nosa redes.

EXPLICACIÓN DA CAMPAÑA

'Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible' é o tema elixido este ano 2017 para celebrar o 2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.

As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas. Para o movemento asociativo do autismo é moi importante que a sociedade entenda cales son esas barreiras porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.

Mostra o teu apoio ás persoas con TEA e ROMPE BARREIRAS POLO AUTISMO para poder facer unha sociedade inclusiva e accesible para TODOS.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.