A Federación Autismo Galicia constitúese no ano 1995. É unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, que agrupa a 12 entidades que prestan servizos, integrais e específicos, dirixidos a persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e ás súas familias.
A misión da Federación Autismo Galicia, como compromiso ético cos nosos beneficiarios, é mellorar a calidade de vida das persoas con trastornos do espectro do autismo e das súas familias.
Os/as destinatarios dos servizos da federación son as entidades galegas que desenvolven o seu labor coas persoas con TEA e coas súas familias e son membros da federación.
Autismo Galicia, traballa pola calidade total nas entidades e nos servizos e basea este traballo na consideración da persoa con TEA como suxeito de dereitos e deberes en igualdade de condicións ao resto das persoas. Traballamos coa consideración da importancia da familia en todos os programas de intervención e a necesidade de colaboración entre esta e os profesionais implicados na mesma.
Formamos parte da rede nacional da Confederación Autismo España, internacional Autismo Europa e traballamos co CERMI Galicia e EAPN Galicia.
A nosa Xunta Directiva:
- Presidente: Antonio de la Iglesia Soriano (Asociación ASPANAES).
- Vicepresidente: Cipriano Luís Jiménez Casas (Fundación Menela).
- Secretario: José Manuel Varela Rodríguez (Fundación Tutelar Camiño do Miño).
- Tesoureiro: José Antonio García Villar (Fundación Autismo Coruña).
Áreas de traballo:
- Dirección.
- Administración e Xestión.
- Programas e Proxectos.
- Emprego e Formación.
- Apoio ao colectivo.
- Comunicación.
| Anterior |
|---|






























