autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Coñécenos

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia constitúese no ano 1995. É unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, que agrupa a 11 entidades que prestan servizos integrais e específicos, dirixidos a persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e ás súas familias.

Autismo Galicia está declarada como Entidade de Utilidade Pública polo Ministerio de Interior e inscrita nos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Asociacións – nº 95-2
  • Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos – nº E-948
  • Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria – nº O205

 

O que nos impulsa

A misión da Federación Autismo Galicia é mellorar a calidade de vida das persoas con trastornos do espectro do autismo e das súas familias. Consideramos que as persoas con TEA teñen dereito a participar na sociedade en igualdade de condicións ao resto das persoas e, para iso, débenselle procurar os apoios necesarios.

 

Para quen traballamos

Os socios da Federación son as entidades galegas que desenvolven o seu labor coas persoas con TEA e coas súas familias e son membros da federación.

Os servizos que presta Autismo Galicia van dirixidos a elas, así como ás persoas con TEA e ás súas familias e os profesionais que traballan co colectivo. Somos conscientes da importancia da familia en todos os programas de intervención e da necesidade de colaboración entre o núcleo familiar e os profesionais.

 

Aposta pola calidade e os servizos específicos

En Autismo Galicia apostamos pola calidade nos servizos e pola especificidade dos mesmos. Consideramos que a complexidade dos TEA esixe un apoio específico e realizado por profesionais cualificados.

 

Traballo en rede

O pensamento que orixinou a Federación foi o de que é necesario unir forzas para lograr os noso obxectivos, polo que tomamos parte activa en distintas redes que articulan o terceiro sector de acción social, como a Confederación Autismo España, Autismo Europa, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI Galicia) e a da Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galicia).

 

 

Saber máis

ENTIDADES SERVIZOS


TRABALLO EN REDE TRANSPARENCIA

 

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.