autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Octavio Villazala: “Os cans posibilitan que o neno con autismo teña unha vida máis plena”

Correo-e Imprimir PDF

Os cans son grandes aliados nas terapias para nenos con autismo. Un exemplo diso o temos en Galicia, concretamente no Hospital Teresa Herrera, da Coruña, onde Fusco, Marrón e Venus constitúen un elemento motivador para os pacientes. Octavio Villazala, técnico en cans de terapia asistida, é o encargado de adestralos. Dende a súa perspectiva “estes animais fan de ponte entre o neno e o seu entorno” e posibilitan que “teñan una vida máis plena”. Villazala amósase optimista e asegura que “é cuestión de tempo” e de “concienciación” que en todos hospitais galegos haxa una participación activa de animais nos procesos terapéuticos.

 

 

Octavio Villazala, técnico en cans de terapia asistida e director do Centro Canino de Montegatto


Por que se escolleu a nenos con autismo para levar a cabo este proxecto?

Tíñamos a necesidade de evaluar e interactuar con este tipo de discapacidade xa que cremos que os cans teñen un sexto sentido para percibir os estados emocionais, a linguaxe corporal, unha raíz profunda do mundo da empatía con especies sociais i en concreto con nenos que neste caso, non teñen prexuicios, e son eles mesmos, o seu mundo.

Cando se sabe que o can está preparado para levar a cabo a terapia?

As actividades consisten, por unha banda, na observación e toma de datos do comportamento e posterior  achegamento o can, cando o neno entra na sala de rehabilitación; e por outra, a relación que establecen neno e can dunha forma individualizada na propia sala, tendo outros xoguetes interactivos como modelo de distracción. É o can un ser animado que incita ao neno a xogar e interactuar dunha forma absolutamente distinta a outros xogos?? Que ten o can na súa mirada, na súa forma calada, nas súas sinais de apaciguamento, que fai que os nenos con autismo traspasen a fronteira??

Son animais especiais ou calquera raza con adestramento pode ser can de terapia?

Aínda que todos os cans son terapéuticos, os cans de terapia necesitan  dunha preparación especial e teñen que ter unhas características concretas como bo temperamento, templanza e intelixencia. Hai que destacar que calquera can con raza o sin ela pode facer labouras de can de terapia, buscando exemplares axeitados.

Que lle vai aportar esta terapia os nenos?

Primeiro de todo é autonomía, enfrentarse a posibles medos e superalos dentro da propia consulta de rehabilitación, sociabilizarse con persoas e membros doutras especies, en concreto, os cans fan un traballo ponte entre o neno e o terapeuta.

Segundo a súa prespectiva, sería interesante que os nenos con autismo compartiran a súa vida habitual cun can?

Dende a miña perspectiva como profesional no mundo das terapias caninas, pareceríame interesante que moitos nenos con autismo compartiran a súa vida cun can ou en todo caso, que tiveran contacto a cotio con estes, xa que o feito de relacionarse un animal que se comunica moito xestualmente é fai de ponte entre o neno e o seu entorno, fai que teñan una vida máis plena.

É factible que un día vexamos en todos os hospitais galegos cans de terapia?

Por supuesto que é factible que nun futuro inmediato vexamos cans que melloran a vida dos pacientes nos hospitais galegos, como xa se está a facer en outros hospitais de outros países. É unha cuestión de tempo e concienciación.

"FUSCO é un can de palleiro que apareceu na miña vida cando era un cadeliño novo. Era tímido, desconfiado. E eu que estaba feito a traballar con pastores alemáns. Cando fun a devolvelo a súa mirada atopouse coa miña e nunca máis se volveron a separar. Hoxe é un can seguro, doce, intelixente e sobretodo, o can do meu fillo"


"MARRÓN é un labrador retriever de Felipa Jove, presidenta da Fundación María José Jove. É un can moi novo e moi trasto, con moito temperamento e gañas de xogar e meterse en liortas.  Xa fai traballos de terapia, aprendendo de Fusco e Venus"



"VENUS é unha cadela de augas que chegou a nosa casa de pequena. É a compañeira de Adrián Paredes, adestrador de Montegatto. Tivo dende pequena unha vida feliz e sen contratempos. É un poco paiasa e larpeira, intuitiva e intelixente"



* A Fundación María José Jove, a Fundación Profesor Novoa Santos e o Centro Canino De Montegatto son os impulsores desta iniciativa, que durará un ano, e na que os cans de terapia actuarán como facilitadores terapéuticos na Unidade de Rehabilitación Infantil e Atención Temperá do Hospital Teresa Herrera da Coruña

* Octavio Villazala Roca é  técnico en cans de terapia asistida dende o ano 1992 donde comezou a traballar en distintos centros xerontolóxicos, de menores, institucions penitenciarias, centros de rehabilitación, colexios para persoas con discapacidade cognitiva, entre outros. Colabora con distintas institucions universitarias e hospitalarias en proxectos como detección precoz de hipoglucemias e cancro. É o director do Centro Canino Montegatto e colaborador habitual de programas divulgativos de radio e televisión.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.