autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Aprobado o Plan de Acción 2015

Correo-e Imprimir PDF

O pasado 19 de novembro a Asamblea Xeral de Federación Autismo Galicia aprobou Plan de Acción proposto para 2015. No plan explícanse as accións que se van a levar a cabo dende a Federación o próximo ano.

 


Un dos piares fundamentais do Plan será o cumprimento dos criterios da nova Lei de Transparencia mediante unha xestión económica financiera estable, regular e transparente. Emplearanse moitos recursos para promover a formación e inclusión das persoas con TEA no ámbito laboral. Ademáis, seguirase coas actividades formativas para familias e profesionais para lograr unha maior atención e reforzarase o emprego con apoio, unha iniciativa pouco común desenvolvida pola Federación a cal tivo moito éxito este ano.


Outro dos piares serán os programas principais de Ocio e Apoio ás Familias e o Proxecto de Accesibilidade. No primeiro crearanse programas e actividades para que as familias poidan conciliar a vida laboral e familiar e teñan máis oportunidades de desenvolver unha vida familiar social e satisfactoria . O proxecto de accesibilidade seguirá coas pautas deste ano coa implementación de pictogramas nos principais entornos educativos e sociais e adentraráse no sanitario. Daráselle importancia ó fomento da conciencia social en materia de accesibilidade cognitiva a nivel educativo.


Para finalizar a prioridade comunicativa da Federación do 2015 será continuar coas campañas de sensibilización e o traballo colaborativo en rede para sensibilizar dos problemas das persoas con TEA á comunidade e celebraremos o 20 aniversario da Federación.

 

icon Descargar Plan de Acción e Orzamentos 2015

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.