autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas deducións no IRPF para familias numerosas e persoas con discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

A Axencia Tributaria Española publicou a semana pasada o Proxecto de Orde no cal se establecen novas deducións fiscais no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas para familias numerosas e persoas con discapacidade. Os beneficiarios deberán presentar un formulario de solicitude, individual ou colectivo, por cada unha das deducións ás que teñan dereito. O modelo que terán que presentar é o 143. As deducións, acumulables entre si, son de 100 euros mensuais para familia numerosa e por cada descendente e ascendente con discapacidade. No caso de familia numerosa de categoría especial a suma será de 200 euros ó mes.


O Consello de Ministros aproba unha reforma do IRPF que se poderá solicitar a partir do 7 de xaneiro a través de internet ou por teléfono. Estas excepcións están reguladas nos novos artigos 81.bis da Lei 35/2006 e o artigo 60.bis do Real Decreto 439/2007.

 

EN QUE CONSISTE E CÓMO SE SOLICITA?

Aplicarase unha dedución na cota diferencial do IRPF:


  • Ata 1.200€/anuais (100 euros ó mes) por cada descendente ou ascendente con discapacidade recoñecida (fillos e netos / pais e avós) que dese dereitos á aplicación do mínimo por descendentes previsto no artigo 58 da Lei do IRPF.

 

  • Ata 1.200€/anuais (100 euros ó mes) por ser un ascendente ou, no seu defecto un irmán orfo de pai e nai, que forme parte dunha familia numerosa . No caso de familias numerosas de categoría especial (5 ou máis fillos, ou menos no caso de ter fillos con discapacidade), esta dedución será de ata 2.400€/anuais (200 euros ó mes).

 

As deducións son autónomas e acumulables entre si.

A partir do 7 de xaneiro poderase realizar a solicitude a través da páxina web da Axencia Tributaria (será o 3 de Febreiro de maneira presencial).Débese cubrir o modelo 143 e presentalo de forma electrónica xunto co NIF do solicitante e o do descendente ou ascendente respectivo.

 

QUEN SE BENEFICIA?

En primeiro lugar, os contribuíntes que realicen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade alternativa.


No suposto de que dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación dalgunha das anteriores deducións respecto dun mesmo descendente, ascendente ou familia numerosa, o seu importe repartirase entre eles a partes iguais.

ÁMBITO TEMPORAL DA DEDUCCIÓN

A efectos do cómputo do número de meses para o cálculo do importe da dedución (ou do abono anticipado) teranse en conta as seguintes regras:

  • A determinación da condición de familia numerosa e a da situación de discapacidade realizarase de acordo coa súa situación no último día de cada mes.

 

  • O requisito de alta na Seguridade Social ou Mutualidade entenderase como  finalizado cando esta situación se produza en calquera día do mes.

 


O ABONO DE FORMA ANTICIPADA

  • A normativa prevé que de forma opcional e en determinados supostos, será posible beneficiarse de dito incentivo mediante o abono das deducións de forma anticipada, como se dunha renda mensual se tratase.

 

  • En calquera caso, para beneficiarse de dito abono de forma anticipada, será preciso e esixible que o contribuínte o solicite expresamente.

 

Quen pode solicitar o abono mensual?

Só poderán solicitar aqueles contribuíntes con dereito a estas deducións que estean dados de alta na Seguridade Social ou Mutualidade e teñan principalmente un traballo a xornada completa ou a tempo parcial sempre e cando esta sea polo menos do 50% da xornada ordinaria.

 

Consulta máis información: http://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/DFN_PD.shtml


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.