autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Santiago implicado co proxecto de accesibilidade mediante pictogramas

Correo-e Imprimir PDF

A semana pasada colocáronse máis de 200 pictogramas en distintas instalacións deportivas da cidade para participar no proxecto de accesibilidade promovido pola Federación Autismo Galicia (FAG). Os pictogramas están repartidos por sete dos máis coñecidos espazos deportivos municipais da cidade para facilitar o seu acceso e uso a persoas con transtorno do espectro do autismo (TEA).

O proxecto elaborado pola Federación e no cal xa levan traballando máis dun ano, consiste ha elaboración de pictogramas que axuden á comprensión e ubicación de lugares ou comportamentos dentro dos espazos deportivos municipais que recurrentemente utilizan persoas con TEA. O concello quixo mostrar a súa implicación e solidaridade con este colectivo entrando no proxecto e facendo accesibles instalacións como o Multiusos e Piscinas do Sar ou as instalación de Santa Isabel.

Este martes integrantes de Autismo Galicia remataron de colocar os pictogramas no complexo de Santa Isabel ademáis de outros populares pavillóns da cidade como o de Fontiñas, Lorenzo de la Torre, Pontepedriña e Restollal. Coa colocación destos pictogramas, chegouse á cifra de 1242 pictogramas, dos cales 707 foron colocados no concello de Santiago.


pictos pavillónspictos pavilllon

Pictogramas colocados nos pavillóns de Santiago de Compostela

 

O obxectivo deste programa é eliminar as barreiras de acceso ós espazos e servizos públicos para as persoas con TEA que viven na nosa Comunidade. Unha característica que presentan este colectivo son as alteracións na linguaxe. Encontran dificultades para interpretar e interactuar co mundo que os rodea, polo que é necesario suplir esta carencia con outras formas de comunicación, os chamados Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación (SAAC). O que máis se adapta ás necesidades das persoas con autismo é o sistema baseado en imaxes como son os pictogramas. Un pictograma é unha representación visual dunha realidade, xa sexa dunha realidade, obxecto, acción ou concepto abstracto. Un dos puntos fortes das persoas con TEA é o seu excelente pensamento visual xa que asimilan mellor a información se a ven representada en imaxes, polo que é moito máis sinxelo comunicarse con eles mediante este medio.


Os pictogramas facilitan a comunicación e a comprensión ás persoas con TEA


Tan só en Galicia, estímase que existen mais de 2.000 persoas contrastornos do espectro do autismo que, coma calquera outras, utilizan os servizos municipais como piscinas e bibliotecas. Ademais, apóiase na sinalización con pictogramas para espertar a curiosidade dos outros usuarios destes espazos e achegalos a este sistema alternativo de comunicación utilizado polo colectivo.

Debido á importancia social do proxecto outros concellos como Ourense e Lugo implementaron o sistema de pictogramas nalgúnha das súas instalacións e estase en contacto con novos concellos para expandir a iniciativa e poder facer a vida máis fácil e accesible ó maior número de persoas posibles e concienciar á poboación das dificultades que o colectivo TEA nas distintas situación da súa vida.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.