autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Accesibilidade no eido social

Correo-e Imprimir PDF
Comprendo o meu entorno, decido e participo
Proxecto de accesibilidade en concellos galegos

 

Cando se fala de adaptar espazos ás persoas con discapacidade, faise unha asociación directa coa eliminación de barreiras arquitectónicas; non obstante, existen outras barreiras menos visibles que dificultan o acceso das persoas con discapacidade aos espazos públicos, as barreiras da comunicación.

Por esta razón levamos a cabo o Proxecto de Accesibilidade en Concellos Galegos, que conta co apoio de Fundación ONCE e ten por obxectivo que as persoas con TEA que viven na nosa comunidade poidan utilizar as instalacións dos seus concellos nas mesmas condicións ca o resto dos habitantes.

Adaptamos espazos públicos utilizando apoios visuais para favorcer o seu uso seguro e autónomo por parte das persoas con TEA, reducindo os seus niveis de ansiedade e mellorando o seu comportamento. O tipo de apoio visual que utilizamos son os pictogramas, habitualmente do portal ARASAAC, xa que se adaptan ao estilo de pensamento visual predominante nas persoas con TEA, ao mesmo tempo que resultan comprensibles para outros colectivos con necesidades especiais e para a poboación en xeral.

Os apoios visuais realizados con pictogramas facilitan a comprensión da mensaxe e a expresión, centran a atención da persoa e axudan a estructurar o tempo e o espazo e a planificar as accións.

Entre os colectivos que se benefician deste tipo de adaptacións, atópanse as persoas con dano cerebral, discapacidade intelectual, con problemas de linguaxe, persoas maiores e mesmo estranxeiros que descoñecen a nosa lingua. Tamén, gracias a estas adaptacións, a poboación xeral poderá achegarse a este sistema alternativo de comunicación e coñecer o uso que as persoas con TEA lle dan.

 

 

 

Para realizar as adaptacións contamos coa colaboración das entidades que forman a Federación, coas que se traballa de xeito conxunto e coordinado nas catro provincias galegas. Representantes de ASPANAES, Fundación Menela, TRASCOS e Capaces Lugo forman a Comisión de Accesibilidade de Autismo Galicia, encargada de establecer criterios técnicos comúns sobre accesibilidade para a poboación con TEA, elaborar materiais formativos e informativos sobre esta materia e controlar o desenvolvemento do proxecto.

O proceso paso a paso

1. Un equipo multidisciplinar formado por técnicos de la Federación y las asociacións provinciais participantes valoran las necesidade y seleccionan los espacios a adaptar.

2. Mantemos unha xuntanza coa concellería responsable destes espazos para presentar o proxecto e gañar a súa colaboración.

3. Realizamos un estudo sobre o terreo das adaptacións necesarias en cada espazo.

4. Elaboramos os pictogramas e trasladámolos á concellería para que esta se encargue de elaborar a sinalización.

5. Realizamos unha segunda visita técnica ao espazo para colocar os pictogramas axeitadamente.

6. Avaliamos o resultado en función de distintos indicadores.

 


Ver mais fotos das adaptacións


 

 

A Estrada

Foi o primeiro concello en participar nesta iniciativa e ten adaptadas as súas dúas piscinas municipais, unha de verán e outra climatizada. (Ver nova)


Santiago de Compostela

Coa colaboración das Concellerías de Deportes e Servizos Sociais, acordouse a adaptación de distintos espazos na cidade. As principais e máis populares instalacións deportivas públicas compostelás xa están adaptadas mediante a instalación de pictogramas repartidos nos complexos. Continúa tamén a adaptación da Concellería de Servizos Sociais e da Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES).

(Ver nova)

(Ver nova)

Lugo

Están adaptadas as piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras (ver nova).

 

Ourense

Está adaptado o Pavillón dos Remedios, o principal complexo deportivo da cidade. (ver nova)

 

Culleredo

Tras lograr o compromiso da Concellería de Deportes, está pendente de comezar o traballo nas instalacións.


 

Para levar a cabo o proxecto, contamos co apoio de Fundación ONCE, que contribúe co seu financiamento, coas concellerías participantes, que asumen o custo da sinalización, e co portal ARASAAC, cuxos pictogramas utilizamos para as adaptacións.


 

As instalacións deportivas de Santiago serán accesibles para as persoas con autismo

Ourense súmase ao proxecto de accesibilidade

O proxecto de accesibilidade de Autismo Galicia chega a Lugo

Fundación ONCE continúa apoiando o proxecto de accesibilidade


 

 

 

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.