autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Colaboradores

Correo-e Imprimir PDF

Ademais dos fondos públicos e privados que recibimos, en Autismo Galicia contamos con colaboradores que realizan achegas de diversa clase ao noso traballo.

 

Concello da Estrada | Concello de Santiago de Compostela | Concello de Ourense | Concello de Lugo

Estes concellos colaboran no Proxecto de Accesibilidade en Concellos Galegos adaptando con pictogramas instalacións deportivas ou sociais que habitualmente utilizan as persoas con TEA para que poidan facelo dun xeito mais seguro e autónomo.

Coñece o Proxecto de Accesibilidade en Concellos Galegos

 

Secretaría Xeral de Política Lingüística

O equipo de traductores deste organismo vén colaborando cada ano nas traduccións dos artigos da revista Maremagnum que non se reciben orixinalmente en galego.

Coñece Maremagnum

 

Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade

Esta subdirección xeral colabora con Autismo Galicia para mellorar o acceso dos pacientes con TEA á atención sanitaria. Gracias a esta colaboración, propóñense actividades formativas para o persoal sanitario que atende a persoas con TEA e está actualmente dispoñible para o colectivo a Tarxeta Sanitaria AA.

Coñece a accesibilidade sanitaria

 

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

As familias asociadas a Autismo Galicia participan con este centro investigador, referente internacional, nun estudo sobre as causas xenéticas dos trastornos do espectro do autismo.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.