autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Transparencia

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1995 e declarada de utilidade pública en 2003. A nosa misión é a mellora na calidade de vida das persoas con trastornos do espectro do autismo e das súas familias.


Na actualidade agrupamos a 11 entidades de toda Galicia que desenvolven o seu labor con persoas que presentan un trastorno do espectro do autismo e coas súas familias. Estas entidades son as destinatarias, ás que prestamos servizos complementarios.


Constituímos un referente en Galicia para este colectivo, tanto a nivel técnico no deseño de políticas de inclusión como social, como a nivel informativo, contribuíndo a visibilizar a realidade destas persoas.


Promovemos o consenso nos obxectivos e nas distintas liñas de actuacións levadas a cabo polas entidades dedicadas ao autismo en Galicia, baseándonos nos principios de participación, solidariedade, exercicio democrático e transparencia que reflicten os nosos estatutos.


Consulta os Estatutos de Autismo Galicia

 

A Federación Autismo Galicia está inscrita nos seguintes rexistros públicos:

  • Rexistro Central de Asociacións (Xunta de Galicia): 2003/000095/2 (02/07/2003)
  • Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (Xunta de Galicia): S-948 (19/09/1996)
  • Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria (Xunta de Galicia): O 205 (31/01/2003)
  • Rexistro de Entidades de Iniciativa Social (Xunta de Galicia): F 01803 (30/04/2004)

 

Rexémonos polas seguintes leis:

  • Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. icon Consulta a Lei
  • Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. icon Consulta a Lei
  • E pola normativa existente que sexa de aplicación

 

Estamos adheridos ao Código de Conduta promovido pola Confederación Autismo España.

 

Organización da entidade:

O órgano de máximo goberno de Autismo Galicia é a Asemblea Xeral, composta por todos os socios de número da Federación (asociacións, socios colaboradores ou de honra e persoas físicas ou xurídicas).

O goberno e a administración corren a cargo da Xunta Directiva, un órgano no que están representadas as asociacións de número e cuxos cargos son elixidos democraticamente e exercidos de xeito voluntario e sen retribución algunha. Na actualidade, a composición da Xunta Directiva é a seguinte:

 

 

Para a toma de decisións, a Xunta Directiva conta co apoio do Consello Asesor, do que poden formar parte os socios colaboradores e de honra. Na actualidade forman o Consello Asesor: Francisco Javier López Conzález, da Fundación Autismo Coruña e icon Manuel Ojea Rúa, presidente da asociación TRASCOS, doutor en psicopedagoxía e destacado investigador da Universidade de Vigo no eido do autismo.

O funcionamento da entidade conta co apoio de Dirección e Xerencia, constituída por directores xerentes das asociacións de número, nomeados expresamente pola Xunta Directiva e que se encargan do asesoramento e dirección das Áreas de Traballo.

No día a día, as Áreas de Traballo contan co apoio da Dirección, así como asesores externos e as comisións de temáticas concretas que afectan ao colectivo e nas que toma parte Autismo Galicia.

 


 

Actuamos seguindo o plan marcado pola Asemblea Xeral e os orzamentos aprobados por ela


Cada ano presentamos as nosas contas perante os seguintes organismos:

  • Rexistro Central de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza
  • Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais
  • Axencia Estatal de Administración Tributaria

 


Facemos públicas as nosas contas, así como os informes de auditoría financeira externa:


Todas as actividades realizadas por Autismo Galicia pódense consultar nas memorias de actividades:


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.