autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Traballo en Rede

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia nace co obxectivo de sumar esforzos para defender ao colectivo das persoas con TEA e as súas familias e, por este motivo, formamos parte das principais redes de representación das persoas con TEA e con discapacidade en xeral.

 

Grupo de Converxencia Asociativa de Galicia

Grupo creado polos representantes de Autismo Galicia, FEAFES Galicia, FEGADACE, Down Galicia e ASPACE a imaxe do existente xa a nivel nacional e cuxo principal cometido é lograr sinerxias que favorezan os intereses dos grupos que estas entidades representan.

 

Confederación Autismo España

Entidade sen ánimo de lucro que agrupa 71 entidades do terceiro sector español que traballan especificamente para as persoas con TEA e as súas familias. As principais áreas nas que se traballa con Autismo España son a defensa dos dereitos do colectivo, a comunicación e o emprego.

www.autismo.org.es


Autismo Europa

Asociación non lucrativa internacional cuxos principais obxectivos son facer valer os dereitos das persoas con autismo e das súas familias, así como mellorar a súa calidade de vida. Agrupa na actualidade a máis de 80 asociacións de todo o continente. O principal eido de colaboración con esta entidade é a comunicación e a defensa dos dereitos do colectivo.

www.autismeurope.org


CERMI Galicia

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade conta cunha delegación rexional en Galicia da que forma parte Autismo Galicia. As principais vías de colaboración entre CERMI Galicia e a Federación danse na comunicación e na elaboración de lexislación que afecta ás persoas con discapacidade en distintos eidos, a través de participación nas Comisións de Ocio e Turismo Inclusivos, Educación, Accesibilidade e Sanidade.

www.cermi.es


EAPN Galicia

A Rede Galega Contra a Pobreza é unha entidade non lucrativa e de acción social que agrupa a entidades autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena. Con EAPN Galicia colabórase nos Grupos de Fondos Estruturais e Comunicación.

www.pobrezagalicia.org

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.