autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Xornada científica en Vigo: desenvolvemento integral das persoas adultas con autismo

Correo-e Imprimir PDF

Fundación Menela organiza para o vindeiro 27 de xuño unha xornada científica sobre o desenvolvemento integral das persoas con trastornos do espectro do autismo na idade adulta. Nela participarán especialistas en TEA de Fundación Menela, da Federación Autismo Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela e da Asociación Nuevo Horizonte de Madrid.

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch abrirá a xornada e, a continuación, os distintos ponentes tratarán temas como a percepción do acoso entre iguais nos centros educativos, a intervención e educación permanente en adultos con TEA, así como os retos que plantexa o envellecemento destas persoas.

Esta xornada, que é pública e gratuíta, está organizada por Fundación Menela a través dun programa de educación permanente e conta coa colaboración do Centro Español del Autismo, a Asociación Nuevo Horizonte e o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes.


Programa:

18:00-18:10h Inauguración da Xornada

Dna. Mª José Bravo Bosch. Delegada da Xunta de Galicia en Vigo

 

18:10-19:00h Palestra: Percepción de acoso entre iguais nos centros educativos por estudantes con Trastornos do Espectro Autista

Dna. Paula Carreiro Prieto. Psicopedagoga. Profesora de Pedagoxía Terapéutica

Presenta: Dna. Ana Rodríguez Díaz. Profesora Centro Educación Especial Menela

 

19:00- 20:00h Mesa Redonda. Proxecto Promoción do Desenvolvemento Integral

Educación permanente de adultos e rehabilitación psicosocial

Dr. Domingo García Villamisar. Psicólogo. Profesor da Universidade Complutense de Madrid Asesor científico e consultor da Asociación Nuevo Horizonte, Las Rozas (Madrid)

Explicación teórico-práctica dos programas de intervención en persoas adultas con Autismo

Dna. Carmen Muela Morente. Pedagoga. Directora Técnica Asociación Nuevo Horizonte

Educación permanente no proceso de envellecemento das persoas con Autismo

Dr. Cipriano Luís Jiménez Casas. Médico Psiquiatra. Director Xeral Fundación Menela

Necesidade da educación permanente en persoas adultas con Autismo

Dna. Antía Fernández Castro. Psicóloga. Axente de Emprego. Federación Autismo Galicia

Presenta e modera: D. José Manuel Varela Rodríguez Director Xerente Fundación Menela

 

Lugar: Sala de Conferencias do Centro Social Fundación Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz 24-26, Vigo)

Data e hora: venres 27 de xuño ás 18:00

Certificado de asistencia: para obter o certificado de asistencia é necesario inscribirse previamente enviando o nome, apelidos e DNI a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando no asunto “Xornada Promoción do Desenvolvemento Integral” ou ben contactando por teléfono no 986 423 433.


Descarga a información en pdf

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.