autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Campamentos Autismo Galicia para o mes de xullo

Correo-e Imprimir PDF

Ábrese o prazo de inscrición para os campamentos do mes de xullo organizados pola Federación Autismo Galicia e a Asociación ASPANAES, destinados a rapaces de entre 6 e 16 anos das entidades federadas. Durante as diferentes quendas, os nenos e nenas realizarán actividades de ocio adaptadas especialmente ás súas necesidades e estarán acompañados por monitores especializados e con experiencia no eido do autismo.

Os rapaces aloxaranse no Centro Residencial de ASPANAES no concello coruñés de As Pontes, onde poderán gozar da natureza, facer sendeirismo, visitas turísticas, festas de disfraces, obradoiros de manualidades e multitude de actividades que, ademais de servir de diversión, axudaranlles a desenvolver as súas capacidades persoais e a súa autonomía. Para os familiares, estas viaxes de cinco días de duración (luns a venres) supoñen un necesario descanso que lles permite dedicar tempo a outros aspectos da súa vida.

Os asistentes van acompañados por monitores especializados e con ampla experiencia neste tipo de actividades, o que garante unha atención de calidade.



 

 

Para quen? Nenos e nenas con TEA das entidades federadas.

Cando? 4 quendas: semana do 30 de xuño a 4 de xullo, semana do 7 a 11 de xullo, semana do 14 a 18 de xullo e semana do 21 a 25 de xullo. Entrada o luns ás 10:00 e saída o venres ás 18:00.

Onde? Centro Residencial Coral Seoane en As Pontes (A Coruña).

Prazo de inscrición? Ata o 19 de xuño ás 12:00.

Canto custa? 150€ a aboar unha vez se confirme a asignación de praza.

Como presentar a solicitude? A solicitude deberase presentar na asociación á que se pertenza e esta a trasladará a Federación.

Na solicitude deben constar os seguintes datos:

- Nome da persoa que presenta a solicitude

- Nome do neno ou nena

- Centro

- Asociación

- Teléfono

- Enderezo electrónico

- Quenda de preferencia

Para máis información podes consultar o folleto de actividades ou contactar con Autismo Galicia no 981 589 365 ou a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .


Financiado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.