autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Accesibilidade no eido sanitario

Correo-e Imprimir PDF

 

Por estes motivos, en Autismo Galicia traballamos en estreita colaboración co Servizo Galego de Saúde para mellorar o acceso deste colectivo ao sistema sanitario. Formamos aos profesionais sanitarios para que poidan brindar unha mellor atención aos pacientes con TEA, publicamos documentos de consulta para familias e profesionais sanitarios e desenvolvemos estratexias para un mellor acceso destes pacientes á sanidade.

 

 

Tarxeta dobre A

Esta tarxeta sanitaria, impulsada por Autismo Galicia, a Asociación Asperga (síndrome de Asperger), a Asociación AGAXFRA (síndrome de X Fráxil) e a Consellería de Sanidade, é unha tarxeta específica para estes tres colectivos que permite unha atención axeitada á súas necesidades, comúns en moitos aspectos. Mais tarde, ao comprobarse a utilidade desta adaptación, o uso extendeuse tamén aos pacientes con enfermidade de Alzheimer.

Esta tarxeta sanitaria vai marcada na súa esquina superior esquerda coas letras AA, que significan “atención e acompañamento” e pode solicitarse no centro de saúde habitual. Os pacientes con esta tarxeta, persoas con trastorno do espectro do autismo, síndrome de Asperger ou síndrome de X Fráxil, teñen preferencia para elixir horarios a primeira hora que eviten longas esperas, tempos mínimos de espera en lugares colectivos que poidan alterar ao paciente e poden estar acompañados durante as probas que se realicen para reducir a súa ansiedade e se sentir mais seguros e tranquilos.


 

Protocolo Sanitario

Un breve manual adicado aos profesionais sanitarios onde se detallan as dificultades adicionais que poden presentar as persoas con autismo debido ao seu trastorno e os procedementos axeitados para reducir a ansiedade destes pacientes.

Descargar

 

 

Decálogo para pacientes con autismo

Un breve manual en formato de poster para que poida estar presente nos centros de saúde e onde se recollen, en forma de decálogo, as principais normas que deben seguir os profesionais ao atender ás persoas con autismo.

Descargar


 

Recomendacións para a atención sanitaria a pacientes con TEA e trastornos asociados

Este documento, completo e á vez sinxelo, permite aos profesionais sanitarios coñecer as características dos TEA, as necesidades que teñen como pacientes e os trastornos asociados mais comúns como a epilepsia, a hiperactividade ou os trastornos alimentarios.

Inclúe tamén recomendacións concretas para se comunicar cos pacientes con TEA de xeito que estes comprendan a situación e se axuda con pictogramas que se poden mostrar aos pacientes para mellorar a súa comprensión da situación.

Descargar

 

 

Pictotraductor na intranet do SERGAS

A Consellería de Sanidade, a raíz da súa colaboración con Autismo Galicia, decidiu completar todas estas medidas instalando o Pictotraductor na intranet do SERGAS, poñéndoo a disposición dos profesionais dos centros sanitarios para facilitar a comunicación entre eles e os pacientes con autismo.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.