autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Presentación da Campaña ‘X Solidaria’ en Santiago de Compostela

Correo-e Imprimir PDF

EAPN-Galicia, FAXPG e FADEMGA presentaron hoxe venres en Santiago de Compostela a ‘Campaña “X Solidaria”. Esta campaña anual, de carácter nacional, pretende apelar ao compromiso cidadá coas causas solidarias e transmitir a idea de que, cun xesto simple e sinxelo como é marcar o recadro de fins sociais na declaración da renda, podemos contribuír a cambiar a vida das persoas máis desfavorecidas, sobre todo na actual coxuntura económica.

En rolda de prensa, representantes de tres das entidades membro de EAPN-Galicia (da que Autismo Galicia forma parte xunto con outras 15 organizacións do Terceiro Sector en Galicia), quixeron salientar ante ao medios a importancia e a implicación da asignación fiscal do 0,7% da cota íntegra a programas para os máis desfavorecidos: persoas maiores, persoas con discapacidade, infancia, etc.

Deste xeito, Xosé Cuns (Down Galicia) e Antonio Hernández (FEAFES Galicia), deron a coñecer os datos relativos á nosa Comunidade, aportando ademais o testimonio de Solo Camara, usuario dun programa da Fundación Ronsel financiado con cargo ao IRPF.

Neste sentido, as cifras de recadación potencial revelan que, se todos os contribuíntes tiveran marcado o recadro de fins sociais, en vez dos 267 millóns de € invertidos en 2010, teríanse podido destinar máis de 500 millóns de € a nivel estatal.

En Galicia, en lugar de 13,6 millóns de €, teríanse destinado 25,8 millóns, xa que máis de 12 millóns no se asignaron a fins sociais.

Cabe salientar que , en 2011, máis de 5 millóns e medio de persoas se beneficiaron de programas financiados grazas á X Solidaria en todo o Estado.

A Federación Autismo Galicia ten dous programas financiados con cargo á recadación do recadro de fins sociais do IRPF en Galicia:

-Servizo de Respiro Familiar, a través da organización de campamentos de verán.

-Servizo de Información e Comunicación. Cuxa actividade consiste na posta en marcha dunha rede de profesionais expertos en comunicación e sensibilización entre as federacións autonómicas de Autismo España, centrada e coordinada dende a Confederación Autismo España.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.