autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

VI Curso Monitor en Ocio e Tempo Libre para Persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

Aberto o prazo de preinscrición ata o 25 de maio de 2012.

Autismo Galicia organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Fundación ONCE, a VI edición do curso Monitor en Ocio e Tempo Libre para Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo.

O curso está dirixido a persoas interesadas en formarse como monitores de ocio para este colectivo específico e ten como obxectivos formativos o coñecemento por parte dos participantes dos procesos psicolóxicos básicos da aprendizaxe en persoas con TEA, así como o coñecemento das diferentes áreas de intervención educativa con este trastorno ou a aprendizaxe de diversas técnicas de ocio orientadas á participación e a dinamización.

Esta VI edición terá unha duración total de 150 horas (75 teóricas e 75 prácticas), celebrándose a primeira parte do mesmo entre o 4 e o 22 de xuño no Centro de Recursos da Federación Autismo Galicia. Pola súa banda, a fase práctica realizarase coincidindo coa celebración do Campamento de Verán que Autismo Galicia organiza anualmente e que terá lugar nesta ocasión durante o mes de setembro.

 

Información e inscrición en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.