O dÃa 2 de abril, aproveitando a presentación en Madrid da campaña de concienciación ‘El Autismo te Habla, Sigue las Señales’ e coincidindo coa celebración do DÃa Mundial de Concienciación sobre o Autismo, lanzouse a nivel nacional un anuncio de sensibilización que incide na alta prevalencia dos trastornos do espectro do autismo.
O aspecto que resalta este anuncio -a alta taxa de incidencia- vén completar a idea central que vertebra a campaña, que é a da necesidade de aprender a recoñecer os sÃntomas para levar a cabo unha detección temperá e poder ofrecer, dese modo, unha atención sociosanitaria axeitada a cada caso.
Non balbucear, non reaccionar cando se pronuncia o seu nome, ou non sinalar obxectos co dedo aos 14 meses, son -por exemplo- algúns dos sinais que poden indicar un posible caso de TEA nun neno.
Â
Â
Â
Saber recoñecer signos como estes é unha necesidade básica, dado que o diagnóstico temperá determina, non só a natureza do trastorno, senón tamén o nivel de servizos integrais de apoio que necesitan estas persoas, o que permite orientar ás familias e profesionais a ofrecer a mellor asistencia e tratamento de acordo ás necesidades detectadas.
A web www.elautismotehabla.org á que remite este anuncio, alberga toda a información sobre os sinais de alerta e pasos a seguir cando se ten unha sospeita, asà como recursos, para guiar e axudar aos pais, nais e familiares.
Â