autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Comisión de Comunicación de Autismo España

Correo-e Imprimir PDF

Autismo España constitúe unha Comisión de Comunicación para integrar a voz unitaria de todas as entidades membro ante os medios.

O obxectivo é o de establecer estratexias comúns en materia de sensibilización que potencien a visibilidade mediática do colectivo de persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA).

O pasado día 7 de marzo celebrouse na sé de Autismo España en Madrid a primeira reunión da recentemente constituída Comisión de Comunicación da Confederación. Esta Comisión está formada por representantes dos servizos de comunicación externa e interna de diversas entidades federadas pertencentes a todo o territorio nacional e pretende impulsar o establecemento de accións comunicativas coordinadas e consensuadas entre todas as entidades membro que axuden a potenciar a efectividade das mensaxes transmitidas e a presenza nos medios.

Respiro familiar "Camiño de León"

Correo-e Imprimir PDF

Durante o mes de febreiro desenvolveuse a última actividade do Programa de Respiro Familiar 2011-2012 da Federación Autismo Galicia grazas á colaboración da Deputación da Coruña e Fundación “la Caixa”.

Instantánea

“Camiño de León”, unha semana de terapia ecuestre e actividades lúdicas que fomentaron a participación e o desenvolvemento de habilidades sociais e autonomía persoal, nun entorno adaptado e ben coñecido polos participantes que repetiron experiencia e aos que se sumaron novos mozos e mozas.

As familias gañan a batalla ao dicionario

Correo-e Imprimir PDF

Hai tres anos un grupo de familias iniciou unha batalla lingüística para defender a dignidade dos seus fillos, a súa reivindicación: cambiar a acepción do término “autismo” no Dicionario da Lingua Española.

A batalla das familias por eliminar a definición “incorrecta”, e que se realizou fundamentalmente a través das redes sociais, centrouse na idea de convencer á RAE de que as persoas con autismo senten e comunícanse.

Congreso Internacional de síndrome de Asperger

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Burgos organiza o Congreso Internacional de Autismo de Alto funcionamento/Síndrome de Asperger: “evidencias baseadas na experiencia”, onde a través de talleres, pósters, mostras de materiais e relatorios tratarase a situación actual do diagnóstico e tratamento, dende unha perspectiva da abordaxe ao longo do ciclo vital.

O congreso celebrarase en Burgos os días 22, 23 e 24 de marzo de 2012 e está dirixido a profesionais.

Congreso: tecnoloxías para o autismo

Correo-e Imprimir PDF

Primeiro Congreso Internacional de Novas tecnoloxías para persoas con trastornos do espectro do autismo, organizado pola Fundación Orange, Autismo Speaks e a Fundación Adapta. Valencia, 7 e 8 de xullo de 2012.

Congreso Novas Tecnoloxías e Autismo

Este congreso proponse como punto de encontro internacional para as persoas con TEA, as súas familias, e os profesionais que traballan neste ámbito e todos aqueles que estean interesados en coñecer as vantaxes das novas tecnoloxías aplicadas ao mundo do autismo.

Páxina 53 de 54

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.