autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Segunda fase do programa Voluntariado Dixital 2012 da Xunta

Correo-e Imprimir PDF

Fotografía voluntarioO próximo xoves 19 de abril dará comezo o segundo módulo do Programa Voluntariado Dixital 2012 posto en marcha o mes pasado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia-Amtega en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar.

Este programa, no que Autismo Galicia participa xunto con 35 entidades máis de acción solidaria, formará a voluntarios e persoal técnico cun enfoque específico que atenda as necesidades dos usuarios que van a utilizar os servizos de voluntariado dixital.

Autismo Galicia participa nas III Xornadas ‘A Discapacidade Hoxe’ do Concello de Ordes

Correo-e Imprimir PDF

Este ano o Concello de Ordes quere facer coincidir a terceira edición das Xornadas sobre Discapacidade coa celebración anual da Feira Multisectorial Expo Ordes, na que dende hai dous anos, o consistorio conta cunha Área de Diversidade Funcional.

Neste contexto, Autismo Galicia estará presente neste evento, que terán lugar o sábado 28 de abril no Auditorio do Museo do Traxe ‘Juanjo Liñares’, ubicado no Campo da Feira de Ordes (recinto da Expo).

APACAF participa no Proxecto de Plans de Comunicación en ONGs 2011 da Fundación Luis Vives

Correo-e Imprimir PDF

Acaba de dar comezo a Fase II do proxecto de Plans de Comunicación 2011 que a Fundación Luis Vives puxo en marcha o pasado mes de maio dentro da convocatoria anual de Asesoramento e Asistencia Técnica a entidades de Acción Social. Este proxecto ten como obxectivo reforzar a estratexia de comunicación das entidades de acción social e contou desta volta coa participación de 15 ONG de todo o país, entre elas, APACAF de Vigo e a Confederación Autismo España.

Durante o programa de formación, que se desenvolveu ao longo de 9 meses, leváronse a cabo varias sesións formativas presenciais, sendo ademais visitadas as instalacións de APACAF por técnicos da Fundación Luis Vives, que quixeron coñecer de preto a entidade.

Curso de Intervención en Autismo da Fundación Carriegos

Correo-e Imprimir PDF

Fotografía da aula durante o curso

Autismo Galicia participou no curso monográfico de Intervención en Autismo que a Fundación Carriegos celebrou en León esta fin de semana.

O curso, impartido por Ana González Navarro, psicóloga do prestixioso Centro Deletrea de Madrid, centrou o seu programa no desenvolvemento social, a comunicación e a linguaxe e a intervención en conduta. Todo iso exposto como ferramenta práctica para que profesionais e familiares poidan abordar este tipo de casos.

Autismo Galicia participa no programa Voluntariado Dixital da Xunta

Correo-e Imprimir PDF

Voluntariado Dixital

Comeza a formación das entidades inscritas no programa Voluntariado Dixital da Xunta entre as que se atopa Autismo Galicia.

O obxectivo deste itinerario formativo en alfabetización dixital - incluído no Plan de Formación do Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado- é ofrecer aos voluntarios e entidades colaboradoras as ferramentas necesarias para orientalos nas súas tarefas de acción solidaria.

Páxina 51 de 54

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.