autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Presentación da campaña #retraTEA. Miradas sen Filtros 2018

Correo-e Imprimir PDF

Día: xoves 14 de decembro

Lugar: Centro Afundación. Edificio EISIDE. Rúa Nova 33. Santiago de Compostela

Hora: 17.00 horas

Contido: Presentación da campaña de sensibilización #retraTEA. Miradas sen Filtros, que se materializa no Calendario 2018. Trátase dunha campaña pionera, xa que por primeira vez son os mozos con autismo os que se colocan detrás da cámara de fotos para realizar un traballo artístico. Eles son os autores da obra, na que retrataron a persoas de renombre de Galicia::

Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Miguel Anxo Prado, ilustrador, Sofía Toro, melladista olímpica, X.M.Budiño, músico, César Portela, arquitecto, Anxo Carracedo, científico, Ledicia Costas, escritora, Cristina Mantilla, enóloga, Evaristo Nogueira, avogado, Eva Dafonte, enxeñeira do CERN, Patricia Vázquez, actriz e Soledad Penalta, escultora

As entidades asinan co goberno os convenios de discapacidade 2016

Correo-e Imprimir PDF

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que, por terceiro ano consecutivo, a Xunta volve incrementar o orzamento destinado á atención á discapacidade, que desde 2014 ascendeu un 24% ata acadar os 94 millóns de euros. O obxectivo, segundo aseverou, é construír un modelo de sociedade no que a integración non sexa entendida como unha simple asimilación desta realidade social, senón como un recoñecemento ás capacidades de cada persoa.

Foto de familia das entidades de discapacidade o presidente da Xunta de Galicia

Antonio de la Iglesia, segundo pola dereita, asinando

Durante a sinatura dos convenios nominativos coas entidades de discapacidade, entre elas a Federación Autismo Galicia, representada polo seu presidente, Antonio de la Iglesia, Feijóo afirmou que Galicia quere ser un exemplo dentro da sociedade moderna de protección social, destacando así o traballo que desempeñan asociacións como Fegerec e Aspaym e as representadas a través do CERMI.

Máis polo miúdo, afirmou que estes convenios teñen como obxectivo contribuír a promover a integración social e laboral das persoas con discapacidade; favorecer o seu desenvolvemento persoal e a súa autonomía; desenvolver accións encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida; orientar e apoiar as persoas con discapacidade e as súas familias e coidadores; e impulsar a formación e a investigación para o tratamento da discapacidade.

O titular da Xunta garantiu que o benestar das persoas dependentes ou cunha discapacidade será sempre un obxectivo prioritario na acción do Goberno galego. E, nesta liña, destacou a posta en marcha da Estratexia galega sobre a discapacidade 2015-2020, que contén 460 medidas para mellorar a atención á discapacidade desde ámbitos de actuación concretos e vitais; a autonomía persoal; a educación, co fin de que dispoñan dunha aprendizaxe e formación permanente en igualdade de condicións que o resto da poboación; a formación e o emprego, para favorecer o seu acceso ao mercado de traballo; e a saúde, para ofrecerlles unha asistencia sanitaria específica.

Aprobado o Plan de Acción 2015

Correo-e Imprimir PDF

O pasado 19 de novembro a Asamblea Xeral de Federación Autismo Galicia aprobou Plan de Acción proposto para 2015. No plan explícanse as accións que se van a levar a cabo dende a Federación o próximo ano.

A atención temperá evitaría a dependencia en moitas persoas con autismo

Correo-e Imprimir PDF

O presidente da Federación Autismo Galicia, Antonio de la Iglesia Soriano compareceu esta mañá perante a Comisión Non Permanente para o Seguimento das Políticas de Discapacidade do Parlamento de Galicia co obxectivo de expoñer a esta institución as problemáticas que afectan ao colectivo de persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA).

Novas deducións no IRPF para familias numerosas e persoas con discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

A Axencia Tributaria Española publicou a semana pasada o Proxecto de Orde no cal se establecen novas deducións fiscais no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas para familias numerosas e persoas con discapacidade. Os beneficiarios deberán presentar un formulario de solicitude, individual ou colectivo, por cada unha das deducións ás que teñan dereito. O modelo que terán que presentar é o 143. As deducións, acumulables entre si, son de 100 euros mensuais para familia numerosa e por cada descendente e ascendente con discapacidade. No caso de familia numerosa de categoría especial a suma será de 200 euros ó mes.


O Consello de Ministros aproba unha reforma do IRPF que se poderá solicitar a partir do 7 de xaneiro a través de internet ou por teléfono. Estas excepcións están reguladas nos novos artigos 81.bis da Lei 35/2006 e o artigo 60.bis do Real Decreto 439/2007.

 

EN QUE CONSISTE E CÓMO SE SOLICITA?

Aplicarase unha dedución na cota diferencial do IRPF:


  • Ata 1.200€/anuais (100 euros ó mes) por cada descendente ou ascendente con discapacidade recoñecida (fillos e netos / pais e avós) que dese dereitos á aplicación do mínimo por descendentes previsto no artigo 58 da Lei do IRPF.

 

  • Ata 1.200€/anuais (100 euros ó mes) por ser un ascendente ou, no seu defecto un irmán orfo de pai e nai, que forme parte dunha familia numerosa . No caso de familias numerosas de categoría especial (5 ou máis fillos, ou menos no caso de ter fillos con discapacidade), esta dedución será de ata 2.400€/anuais (200 euros ó mes).

 

As deducións son autónomas e acumulables entre si.

A partir do 7 de xaneiro poderase realizar a solicitude a través da páxina web da Axencia Tributaria (será o 3 de Febreiro de maneira presencial).Débese cubrir o modelo 143 e presentalo de forma electrónica xunto co NIF do solicitante e o do descendente ou ascendente respectivo.

 

Páxina 1 de 54

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.