autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Jimmy, un home con autismo, atopa un traballo na Estrada

Correo-e Imprimir PDF

Jimmy, unha persoa con autismo da asociación estradense APACAF, traballa realizando tarefas de limpeza no Colexio Público de Figueiroa na Estrada acompañado polo seu preparador laboral, que é o encargado de ensinarlle a realizar cada unha das tarefas, así como as responsabilidades do seu posto de traballo.

Esta contratación a modo de experiencia piloto é froito dun acordo logrado entre o Servizo de Emprego da Federación Autismo Galicia, a Asociación APACAF e a empresa Limpiezas Castedo para favorecer a inclusión sociolaboral das persoas con trastornos do espectro do autismo e agárdase poder estendela a outros usuarios da mesma asociación segundo vaia evolucionando o compromiso entre as partes.




 

Benvidos á nova web de Autismo Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Renovamos a nosa páxina web para lograr unha navegación máis agradable e sinxela, onde se podan atopar os contidos facilmente e coñecer o funcionamento e as actividades da organización.

 

Estes son os principais cambios:

  1. Accede aos Servizos: unha organización dos nosos servizos máis sinxela e práctica.
  2. Un novo apartado dedicado á Transparencia: coñece como funcionamos no interior de Autismo Galicia.
  3. Un espazo propio para a revista Maremagnum onde poder ler e comentar os contidos.
  4. Se non tes a túa revista de familias Autismo Galicia tamén podes consultala na web.
  5. Le entrevistas exclusivas con algúns dos maiores expertos en autismo do noso país nas Conversas con...
  6. Agora que nos coñeces, colabora cos nosos proxectos como Voluntario ou realizando unha Doazón.

O Congreso apoia unanimemente a creación dunha estratexia nacional de autismo

Correo-e Imprimir PDF

O Congreso dos Deputados aprobou este martes por unanimidade unha proposición non de lei que pide ao Goberno que estudie a posibilidade de elaborar e desenvolver unha Estratexia Nacional de Autismo, destinada a mellorar o acceso á educación e ao emprego das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA).


A iniciativa, presentada pola deputada do PP Amparo Ferrando, demanda ao Executivo que estude, en colaboración coas comunidades autónomas e o terceiro sector de acción social, a elaboración e o desenvolvemento dunha Estratexia Nacional de Autismo que contemple protocolos de atención nos eidos da sanidade, a cultura, o emprego e a educación.


Mercadiño solidario de Os Mecos

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación de Nais e Pais de Persoas con Autismo Os Mecos, co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa, organiza un mercadiño solidario os días 5, 6 e 7 de decembro na Praza da Peixería da vila.

Para esta terceira edición do mercadiño solidario, Os Mecos pide a colaboración dos seus veciños, que poderán doar obxectos para poñer á venda, así como achegarse a mercar na fin de semana do evento. As persoas que merquen os artigos participarán tamén nun sorteo de lotes de productos doados por comercios locais en apoio á asociación que se celebrará o día 7 de decembro.

Os cartos recadados con esta iniciativa destinaranse a financiar actividades extraescolares destes nenos con trastorno do espectro do autismo que lles resultan imprescindibles para o seu desenvolvemento físico, psicolóxico e relacional.

Aquelas persoas que desexen doar obxectos para a súa venda no mercadiño poden poñerse en contacto coa asociación no teléfono 986 508 929.

Autismo España cumpre 20 anos

Correo-e Imprimir PDF

A Confederación Autismo España, que agrupa na actualidade a 69 entidades de todo país dedicadas ao autismo, cumpre 20 anos coa vista posta no futuro. Para celebrar o seu aniversario, lanza a campaña “20 años, 20 deseos” coa que anima ao público a establecer sa metas para 2034.

Que desexas para as persoas con TEA? Que avances para as persoas con TEA che gustaría contar en 2034? Con estas dúas preguntas Autismo España anima a familias, profesionais, representantes de organización políticas ou sociais e a calquera persoa a formular os seus desexos para 2034.

Para participar na campaña, abonda con deixar unha mensaxe a través deste enlace á páxina de Facebook de Autismo España ou ben enviar un tweet co hashtag #20años20deseos. Os resultados dos desexos propostos pola xente, serán presentados nun acto o vindeiro día 12 de decembro na Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade.

 

Páxina 3 de 54

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.