autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Autismo Galicia participa no programa Voluntariado Dixital da Xunta

Correo-e Imprimir PDF

Voluntariado Dixital

Comeza a formación das entidades inscritas no programa Voluntariado Dixital da Xunta entre as que se atopa Autismo Galicia.

O obxectivo deste itinerario formativo en alfabetización dixital - incluído no Plan de Formación do Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado- é ofrecer aos voluntarios e entidades colaboradoras as ferramentas necesarias para orientalos nas súas tarefas de acción solidaria.

Este proceso formará a 137 ‘voluntarios dixitais’ e persoal técnico de 36 entidades de acción voluntaria adheridas a este Programa que a Xunta de Galicia puxo en marcha a principios de febreiro.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.