autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Pictogram Room: software de actividades ocio-eductivas para persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

A Fundación Orange e o Grupo de Autismo do Instituto de Robótica da Universidade de Valencia crean o programa Pictogram Room (A habitación dos pictogramas). Trátase dun software de actividades ocio-educativas de descarga gratuíta deseñadas para dar resposta de forma lúdica a unha serie de necesidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) nas que ata agora era difícil intervir.

Mediante un sistema de cámara-proxector e a través do recoñecemento do movemento conséguese reproducir a imaxe da persoa xunto cunha serie de elementos gráficos e musicais que guiarán a súa aprendizaxe.

Pictogram RoomOs pictogramas son un dos sistemas de comunicación alternativa máis comunmente utilizados, pero as persoas con autismo moitas veces non entenden o seu significado, pois un mínimo cambio no pictograma, grosor, cor, etc., fai que non sexa recoñecible. Coa axuda da realidade aumentada, a posibilidade de usar pictogramas superpostos sobre obxectos reais pode axudar ás persoas con autismo a ver a conexión entre imaxe real e pictograma en tempo real.

 

Pictogram Room conta co apoio do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Tamén participaron no seu desenvolvemento a Universidade de Birmingham, a Universidade Pompeu Fabra, a Fundación Adapta, a Fundación Mira’m e as Asociacións Autismo Burgos e Autismo Ávila.

Enlace ao sitio oficial: Fundación Orange.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.