autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Concerto Solidario de ASPANAES en A Coruña

Correo-e Imprimir PDF

Cartel Concerto ASPANAES

O próximo luns 26 de marzo, a asociación ASPANAES celebrará no Pazo da Ópera de A Coruña (20.30h) o III Concerto Solidario para promover a protección dos dereitos das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo. Nesta edición, a recadación estará destinada a promover a detección temperá a través da especial atención aos indicadores, tema principal que artella o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo deste ano.

 

O concerto, patrocinado pola Consellería de Educación e o Concello da Coruña, estará presidido pola 3ª Tenente Alcalde e responsable da Concellaría de Cultura do consistorio herculino, Ana Mª Fernández Gómez. Ademais, asistirá tamén o Concelleiro de Asuntos Sociais, Miguel Lorenzo Torres.

No evento, que contou na anterior edición con máis de mil asistentes, a Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de A Coruña interpretará pezas de Bernstein, Holst ou Grondahl entre outros.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.