autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Cupón da ONCE a favor do Autismo

Correo-e Imprimir PDF

A ONCE dedica o Cupón Fin de Semana do 24 de marzo ao Día Mundial de Concienciación sobre o autismo (2 de abril), amosando así o seu apoio ao colectivo de persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA) e as súas familias.

Entrega cupón ONCE

O Delegado Territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, fixo entrega dunha reprodución enmarcada do cupón ao Vicepresidente da Federación Autismo Galicia, Cipriano Jiménez Casas, nun acto que contou coa presenza da Presidenta do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Dolores Venancio, e de representantes de varias das entidades federadas de Autismo Galicia, como Apacaf, Raiolas Lugo, Fundación Menela de Vigo, Autismo Coruña, Autismo Ourense, e directivos do Centro de Día Aspanaes de Castelo (Sada) e do Colexio EE. Aspanaes de A Coruña.

 

Cabe salientar que 1 de cada 150 nenos en idade escolar presenta un caso de autismo. En Galicia, rexístranse máis de 2.000 casos dos preto de 50.000 que se dan en toda a poboación infantil española. Aínda así, estas cifras representan só unha pequena porcentaxe da realidade, xa que a elas habería que sumar os pacientes adultos, un número considerablemente maior por se tratar dunha síndrome crónica.

Neste sentido, na presente edición do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, a OMA (Organización Mundial do Autismo) fai especial énfase na importancia da detección temperá e os indicadores que a posibilitan. Esta necesidade –xunto co recoñecemento da especificidade dos trastornos do espectro do autismo- é unha realidade constatada día a día pola rede de servizos das nosas entidades. A avaliación determina, non só a natureza do trastorno, senón o nivel de servizos integrais de apoio que precisan estas persoas, o que permite orientar as familias e profesionais a dar a mellor asistencia e tratamento de acordo ás necesidades detectadas.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.