autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Manual do/a Preparador/a Laboral

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia editou o “Manual do/a Preparador/a Laboral”, documento que ten como obxectivo servir de apoio ás accións emprendidas de cara a favorecer a inclusión sociolaboral das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo.

As persoas adultas con TEA como membros activos da sociedade na que viven, teñen dereito ao emprego, o cal implica un medio para alcanzar un maior nivel de autonomía económica e unha plena participación e inclusión social. Se para toda a cidadanía ter un emprego é importante , moito máis o é para as persoas con discapacidade, posto que para elas ter un emprego non é só facer un traballo e ter un salario, é ocupar un lugar na sociedade.

Rede de sensibilización

Neste manual centrámonos no emprego con apoio facendo un percorrido polas diferentes fases e recollendo as principais funcións e principios que debe ter presente o/a preparador/a laboral en cada unha delas, así como as competencias que deba posuír para o axeitado desenvolvemento das súas funcións. O manual é unha ferramenta indespensable, ademáis de para as entidades asociadas á Federación, para todas as persoas, empresas, entidades e institucións que desexen colaborar na mellora da calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo e das súas familias.

A elaboración e publicación do presente manual foi posible grazas á financiación da Fundación ONCE e ao total compromiso da Federación Autismo Galicia coa inclusión sociolaboral das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.