autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

O ciclo de conferencias formativas da Federación Autismo Galicia continúa no Campus de Lugo

Correo-e Imprimir PDF
Conferencia "Atención á diversidade: o alumnado con TEA" no Campus de Lugo

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA en colaboración coa UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA continúa o cilco de conferencias do proxecto UN DE CEN na Facultade de Formación do Profesorado. USC Campus Lugo.

 

Nela darán a coñecer o Trastorno do espectro do #autismo e a súa metodoloxía específica, os recursos internos e externos aos centros educativos e o proceso de derivación. Ademais contarán cunha representante da Asociación Capaces Lugo para coñecer os servizos que ofrece esta entidade e a realidade coa que conviven.

 

Data: 24 de Abril as 17:00 horas

Lugar:  Salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado. USC Campus Lugo.

Relatoras: Alba Vázquez Paz e Cristina Couto Pena da Federación Autismo Galicia. E Ángeles Fernández Nuñez da Asociación Capaces Lugo

 

 

Un de Cen. Comprendendo o espectro.

É un proxecto integral que combina o trinomio INFORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN e FORMACIÓN , que xorde ante a necesidade de crear unha chamada de atención cara as necesidades e realidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda en torno á súa singularidade.

O ciclo de conferencias é unha proposta de achegamento directo das necesidades específicas das persoas con TEA aos futuros profesionais e docentes no ámbito universitario.

A través da execución de conferencias nas aulas, impartidas por profesionais da Federación Autismo Galicia, establécense accións encamiñadas a tecer redes de cooperación entre a Universidade, a Federación Autismo Galicia e os profesionais que a compoñen.

POR QUE UN de CEN?

Esta formación específica é máis que necesaria tendo en conta a prevalencia actual, de 1 caso de Tea por cada 100 nacementos, cun incremento potencial segundo recentes estudos.

Se temos en conta as necesidades básicas dunha persoa ao longo da súa vida e aspiramos a cubrilas na medida do posible, atopámonos con que as persoas con TEA ven mermada a súa calidade de vida. Tamén ven mermado o acceso a ser-vizos e apoios básicos cando devanditos servizos non se adaptan ás necesidades específicas das súas distintas etapas vitais.

Estas necesidades básicas que se ven vulneradas son, por exemplo, a súa opor-tunidade de aprendizaxe, de inclusión social, de desenvolvemento persoal, aten-ción médica, etc.

 

Dende Autismo Galicia traballamos para ofrecer a formación máis adaptada e actualizada posible, a túa opinión é importante para nos. Neste enlace poderás encontrar unha breve enquisa sobre a conferencia impartida do ciclo formativo "UN DE CEN, comprendendo o espectro", realizala só levará uns minutos. Grazas!

 

ENLACE ENQUISA DE SATISFACCIÓN


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.