autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Galicia súmase a #LIUB

Correo-e Imprimir PDF

 

 

Ata 23 edificios de Galicia ilumináranse, na noite do 1 ao 2 de abril, de azul co obxetivo de amosar a súa solidariedade co colectivo de persoas conTrastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias coincidindo co Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Dende o Pazo de Raxoi, sede do concello de Santiago e as Torres Hejduck da Cidade da Cultura ata as murallas de Lugo, as Burgas de Ourense, a Torre de Hércules na Coruña ou mesmo a monumental Virxe da Rocha de Baiona lucirán de azul durante esta noite para dar visibilidade ao colectivo e incrementar o coñecemento e tolerancia cara ás persoas con autismo. Tamén e por primeira vez concellos repartidos por toda a xeografía galega, como o de Burela, Ponteareas ou Ferrol se sumarán a #LIUB. A nivel nacional serán preto de 200 os edificios iluminados.

 

Foto de arquivo. Ano 2016

En Galicia está é lista de concellos e os edificios que se iluminarán:

A CORUÑA:

  • Torre de Hércules.
  • Castelo de Santa Cruz, Oleiros.

SANTIAGO DE COMPOSTELA:

  • Pazo de Raxoi, Casa do Concello.
  • Torres Hejduck, Cidade da Cultura.
  • Centro Galego de Arte Contemporánea- CGAC.

LUGO:

  • Muralla Romana.
  • Deputación Provincia.
  • Capela de Santa María de Lugo.

OURENSE:

  • Monumento ás Burgas.

VILAGACÍA DE AROUSA:

  • Auditorio.
  • Casa do Concello.
  • Praza municipal.
  • Centro de saúde.

VIGO:

  • Fontes da rúa Aragón.

BAIONA:

  • Casa do Concello.
  • Monumento á Virxen da Roca.

Tamén:

Casa do concello de Godomar.

Casa do concello de Cambados.

Entidade Local Menor de Bembrive.

Casa do concello de Nigrán.

Casa do concello de Burela.

Casa do concello de ponteareas.

Casa do concello de Ferrol.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.