autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Ocio e terapia con asnos para nenos con autismo en Allariz

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia oferta 4 prazas para a actividade de asnoterapia para nenos e nenas con autismo, como parte do Programa de Ocio, Tempo Libre e Campamentos 2014. Os rapaces viaxarán á vila de Allariz, onde poderán realizar terapias asistidas con asnos ademais doutros actividades de ocio nun entorno privilexiado e acompañados por monitores especializados.

 

A terapia con asnos realizarase nas instalacións da Asociación Andrea, dedicada especialmente ao ocio e á terapia con asnos e que conta cun equipo terapéutico e psicopedagóxico para a realización das actividades. Ademais dos profesionais da asociación, os usuarios estarán acompañados polos monitores da Federación Autismo Galicia con formación especializada e experiencia en TEA, cos que realizarán outras actividades como obradoiros e xogos, así como visitas e actividades ao aire libre.

 

 

Durante a viaxe, os usuarios aloxaranse no albergue Fundación Ramón González Ferreiro situado en Allariz, unha zona da provincia de Ourense declarada como Reserva da Biosfera pola UNESCO.

 

As actividades con animais representan un complemento moi valioso á intervención habitual que reciben as persoas con autismo. Polas súas características físicas, o seu movemento ou a súa temperatura, o asno axuda ao neno a reforzar o equilibrio e a psicomotricidade. Ademais, o vínculo co animal resulta moi beneficioso a nivel emocional e social, mellorando a comunicación, a autoestima e a confianza. A nivel familiar, esta viaxe de 6 días axuda ás persoas con autismo a desenvolver a súa autonomía e as súas relacións sociais, mentres os familiares e coidadores habituais gozan dun tempo de descanso.

 

 

Para quen? Nenos e nenas con TEA de 6 a 16 anos. Non é necesario estar asociado á Federación.

 

Cando? Do 1 ao 6 de setembro.

 

Onde? A terapia con asnos desenvolverase na Asociación Andrea e o aloxamento será no albergue Fundación Ramón González Ferreiro, ambos en Allariz (Ourense).

 

Canto custa? 175€, a aboar unha vez se confirme a praza.

 

 

Para máis información, consulta o tríptico de actividades ou ben contacta con Autismo Galicia no 981 589 365 ou a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

Financiado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.