autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

“Finanzas inclusivas” para persoas con discapacidade intelectual

Correo-e Imprimir PDF

O proxecto "Finanzas inclusivas" ten como obxectivo a cualificación deste colectivo a través dun recurso formativo, que estará dispoñible de xeito gratuíto na web da Fundación ONCE para todas aquelas entidades que traballen con persoas con discapacidade intelectual. O curso, que este ano celebra a súa terceira edición, ten como obxectivo, non só que os participantes adquiran coñecementos financeiros, senón tamén avanzar na autonomía persoal e igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade.

 


Os contidos, que estarán estruturados en dous niveis segundo a dificultade, organizaranse en torno a seis bloques temáticos: “O diñeiro”, “O traballo e as relacións laborais”, “Os gastos”, “O aforro” e “Produtos bancarios de financiamento e de aforro. Produtos seguros”. O curso pódese realizar de xeito presencial ou na modalidade de ‘blended-learning’ con titorías presenciais cada quince días en función das características do grupo que participe.

 

O proxecto conta coa colaboración da CNMV e do Banco de España que, a través do seu programa “Finanzas para todos”, facilita o acceso a través do curso a xogos e outros recursos adaptados a lectura fácil. Así mesmo, a iniciativa conta coa colaboración de entidades asociadas ás federacións e confederacións que traballan con persoas con discpacidade intelectual ou do desenvolvemento, entre as que destacan Autismo España, Down España, FEAPS e FESPAU.


Fonte: Fundación ONCE

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.