autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Xornada 35 aniversario de ASPANAES con Rita Jordan e Marc Monfort

Correo-e Imprimir PDF

A asociación ASPANAES, co apoio da Federación Autismo Galicia, celebra o seu 35 aniversario cunha xornada sobre a educación e a linguaxe nas persoas afectadas por trastornos do espectro do autismo que será impartida por Rita Jordan e Marc Monfort.

A xornada terá lugar o sábado 18 de outubro na Sala Arao de Palexco na Coruña. Na sesión de mañá, a profesora e investigadora británica Rita Jordan abordará a educación nas persoas con TEA e, pola tarde, o logopeda e mestre Marc Monfort falará sobre a linguaxe nos nenos e nenas con TEA.

 

Programa

08:30 Acreditacións
09:30 Inauguración
10:00 Rita Jordan
“Comprendendo e apoiando ás persoas con T.E.A. en educación”
12:00 Pausa e café
12:30 Rita Jordan
“Comprendendo e apoiando ás persoas con T.E.A. en educación”
14:30 Pausa
16:30 Marc Monfort
“A pragmática da linguaxe en nenos con T.E.A: aspectos primarios e secundarios”
18:00 Pausa
18:30 Marc Monfort
“A pragmática da linguaxe en nenos con T.E.A: aspectos primarios e secundarios”
20:00 Peche da xornada

 

 


Cando? 18 de outubro de 08:30 a 20:00

Onde? Sala Arao de Palexco. (Muelle de Transatlánticos s/n, A Coruña)

Canto custa?

Público en xeral: 100€ ata o 15 de setembro, 120€ despois do 15 de setembro. A través da web www.aspanaes35aniversario.org ou ben poñéndose en contacto coa sede social de ASPANAES no 981 13 00 44.

Prezo reducido para profesionais e familias asociadas ás entidades de Autismo Galicia: os profesionais e familias asociadas ás entidades da Federación Autismo Galicia poden optar a prazas con prezo reducido que terán un custo de 10€. As persoas que desexen acollerse a unha destas prazas, deberán enviar os seus datos (nome e apelidos, DNI, dirección postal, teléfono e entidade á que pertencen) acompañados da boleta de pago á dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Número de conta: ES39 1491 0001 2320 81974228 (Triodos Bank)


Máis información en www.aspanaes35aniversario.org ou no teléfono 981 130 044

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.