autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Maremagnum XVIII: Ansiedade, acoso e inclusión nas persoas con autismo

Correo-e Imprimir PDF

Xa está aquí o novo número da revista Maremagnum, a única publicación galega dedicada aos trastornos do espectro autista.

Neste número 18, que leva por título, Ansiedade, acoso e inclusión nas persoas con autismo, distintos profesionais e investigadores achégannos aos obstáculos aos que se enfrontan as persoas con autismo no seu paso polos centros educativos ordinarios e mesmo no emprego. Dende o ensino de habilidades emocionais e sociais na etapa da educación primaria, ata os protocolos a seguir nas universidades que acollen a alumnos con TEA. Tamén nos achegamos ao mundo do traballo da man dunha persoa con TEA que nos relata a súa experiencia, non sempre doada.

Por último, coma sempre, dúas colaboracións literarias que nos falan sobre desigualdade e sobre as experiencias da infancia.

 

Percepción de acoso entre iguais nos centros educativos por estudantes con trastornos do espectro autista

Manuel Ojea Rúa

(Doutor en psicopedagoxía, profesor e investigador da Universidade de Vigo e presidente da asociación TRASCOS)

Paula Carreiro Prieto

(Psicopedagoga e doctoranda na Universidade de Vigo e secretaria da asociación TRASCOS)

Debido ás diferenzas no procesamento da información que presentan as persoas con TEA, adoitan sufrir situacións de malestar social e mesmo acoso escolar por parte dos seus iguais, o que esixe medidas urxentes que impliquen ao conxunto da comunidade educativa. Neste artigo móstranse os resultados do estudo levado a cabo polos autores para tentar coñecer a percepción de maltrato existente por parte dos estudantes con TEA.

Ler o artigo


Protocolo de actuación universitaria para a atención aos estudantes con discapacidade recoñecida como síndrome de Asperger

M. López Sinoga

(Psicopedagoga e membro do Servizo de Atención Psicolóxica e Psicopedagóxica da Universidade de Cádiz)

C. Senín Calderón

(Psicóloga, docente e investigadora no Servizo de Atención Psicolóxica e Psicopedagóxica da Universidade de Cádiz)

D. Mestre Flores

(Psicólogo experto en comunicación e innovación)

E. Marchena Consejero

(Profesora na Universidade de Cádiz e doutora en Ciencias da Educación)

Ante o aumento de estudantes universitarios con síndrome de Asperger, o equipo da Universidade de Cádiz deseñou un protocolo de actuación para impulsar a integración destes alumnos na comunidade universitaria tanto a nivel académico como social.

Ler o artigo


O ensino de habilidades emocionais e sociais a alumnado con trastorno do espectro autista en educación primaria: unha experiencia na Rexión de Murcia

Josefina Lozano Martínez

(Profesora titular na Facultade de Educación da Universidade de Murcia)

Irina Sherezade Castillo Reche

(Profesora asociada na Facultade de Educación da Universidade de Murcia)

Neste artigo, as autoras expoñen os resultados dunha investigación realizada sobre o proceso de ensino-aprendizaxe da comprensión de emocións e crenzas no alumnado con TEA. Os resultados mostran un avance nas habilidades emocionais e sociais dos participantes trala intervención didáctica.

Ler o artigo


A intervención precoz nas perturbacións do espectro do autismo en Portugal

Helena Isabel da Silva Reis

(Terapeuta ocupacional e doutora de Estudos Infantís na Universidade de Minho)

Ana Paula Silva Pereira

(Doutora en Educación Especial e profesora auxiliar na Universidade de Minho)

Leandro da Silva Almeida

(Catedrático en Psicoloxía na Universidade de Minho e doutor en Psicoloxía pola Universidade do Porto)

Actualmente Portugal conta cun Sistema Nacional de Intervención Precoz para as persoas con TEA e as súas familias que funciona a través dos ministerios de Traballo, Solidariedade Social, da Saúde e da Educación. Neste artigo repásanse os principios nos que se apoia este modelo.

Ler o artigo


Descender aos infernos

Carmen Molina

(Presidenta da Asociación Sinteno para o lecer e a inclusión social e persoa con síndrome de Asperger)

Carmen Molina destapa a caixa dos recordos e cóntanos este duro episodio de acoso laboral no que se viu envolta a raíz do seu trastorno e o que ela logrou aprender desa experiencia. Un relato moi persoal e sincero que demostra que é preciso traballar a inclusión e a normalización máis aló das escolas.

Ler o artigo

 

Maremágnum: unha revista para a inclusión social

Cipriano Luis Jiménez Casas

(Psiquiatra, vicepresidente e tesoureiro da Federación Autismo Galicia, Director Xeral da Fundación Menela e director de Maremágnum)

Andrea Villarino

(Xornalista e responsable de comunicación da Federación Autismo Galicia)

O autismo ocupa na actualidade un lugar de especial relevancia no eido da investigación científica e supón un reto primeiro orde para a nosa sociedade en canto á súa atención. Botamos a vista atrás neste décimo oitavo número para recordar a importancia da producción científica e literaria no impulso da inclusión deste colectivo.

Ler o artigo


Patriarcado e autoritarismo

Teresa Barro

(Tradutora e escritora, licenciada en Filosofía e Letras polas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid)

A autora analiza a pervivencia do sistema patriarcal na nosa sociedade, que non só supón graves consecuencias para a muller, senón tamén para o home.

Ler o artigo


Cando nacen as estrelas

Agustín Fernández Paz

(Escritor e gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo)

O escritor vilalbés regálanos un tenro relato de infancia sobre unha viaxe, a súa música e un inesquecible primeiro amor.

Ler o artigo

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.