autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Os usuarios de Autismo Galicia gozan duns días de ocio e terapia con asnos Allariz

Correo-e Imprimir PDF

Nesta última parte do Programa de Ocio, Respiro Familiar e Campamentos de 2014, 6 nenos e 10 adultos con TEA viaxaron á vila ourensá de Allariz para realizar terapia asistida con asnos nas instalacións da Asociación ANDREA e pasar uns días de ocio e actividades ao aire libre.

Os exercicios cos asnos, como montar neles, cepillalos ou guialos a través dun percorrido de obstáculos permiten ás persoas con TEA establecer cos animais un vínculo que resulta moi beneficioso a nivel emocional, axúdalles a relaxarse e mellora a súa psicomotricidade.

Ademais, durante os seis días que dura cada quenda, os usuarios con TEA, acompañados polos monitores especializados de Autismo Galicia, realizaron outras actividades de ocio como sendeirismo, obradoiros de manualidades e excursións á cidade de Ourense e a Muíños.


Financiado pola Consellería de Traballo e Benestar


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.