autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Curso de Preparador Laboral Especialista en TEA

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia organiza o seu curso anual de Preparador Laboral Especialista en TEA e Outras Discapacidades, para o que se ofertan 15 prazas e que se realizará do 17 de outubro ao 9 de decembro.

Este curso, que se atopa dentro do Programa de Accións Formativas para Desempregados da Consellería de Traballo, pretende formar aos alumnos para desenvolver a profesión de preparador laboral, un especialista que ensina, acompaña e guía ás persoas con discapacidade, neste caso con autismo, no seu proceso de incorporación a un posto de traballo nunha empresa ordinaria.

Os alumnos estudarán as funcións que debe levar a cabo un preparador laboral e as técnicas coas que contan estes profesionais. Tamén aprenderán as características dos trastornos do espectro do autismo e como estas afectan á inserción laboral destas persoas.

 

Programa

Módulo 1: Trastornos do Espectro do Autismo

Módulo 2: Perfil e funcións do preparador laboral

Módulo 3: Habilidades sociais e de comunicación

Módulo 4: Emprego; normativa e legislación

Módulo 5: Igualdade de oportunidades

Módulo 6: Sensibilización ambiental

 

Data de inicio: 17 de outubro de 2014

Data de fin: 9 de decembro de 2014

Lugar: Santiago de Compostela

Horario: De luns a venres de 08:30 a 14:30

Número de horas: 218

Inscrición: As persoas interesadas deben dirixirse á súa oficina de emprego habitual e pedir que as inscriban no curso. O Servizo Público de Emprego convocaraas para unha proba de selección.

Este proceso realízase directamente dende o Servizo Público de Emprego, polo que Autismo Galicia non pode inscribir a alumnos nin realizar a primeira selección.

Celebrada xa a proba de selección.

 


Para máis información ou dúbidas, contactar con Autismo Galicia a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben no 981 589 365.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.